Brenon, Herbert

Brenon, Herbert

Guionista e realizador cinematográfico irlandés establecido en EE UU. Traballou primeiramente como guionista en Hollywood, aló polo ano 1909. Máis tarde continuou a súa carreira como realizador dirixindo a coñecidas estrelas do cine mudo de entón. Acolleu con certo escepticismo a chegada do cine sonoro. Dirixiu, entre outras, The Clown’s Triumph (O triunfo do pallaso, 1912), A Daughter of the Gods (A filla dos deuses, 1916), The Woman with four Faces (A muller con catro caras, 1923), The Great Gatsby (O gran Gatsby, 1926), Living dangerously (Vivindo perigosamente, 1936) e The Flying Squad (A escuadra voadora).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dublín

  • Deceso