"Bricio" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino procedente do latín Brittius/Bruttius, que pode ser ‘habitante dos Brutii’ (hoxe Calabria), derivado de Brito ‘bretón’ ou do céltico brig ‘forza’; sen embargo, non garda ningunha relación con Breixo. O espallamento deste nome na Europa medieval débese, sen dúbida, á sona acadada por san Bricio (s V), sucesor de san Martiño na sé episcopal de Tours. En Galicia existen dous topónimos que levan o nome deste santo, pertencentes aos concellos de Noia e Covelo. A súa festa celébrase o 13 de novembro.
-
-
Acción e efecto de cubrir unha cousa con algo.
-
Tellado dunha construción.
-
Pedra que pecha a parte superior do oco dunha porta ou dunha ventá.
-
Acción de cubrir o animal macho á femia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome étnico procedente do xentilicio de Dubris, cidade de Inglaterra. Celébrase o 14 de novembro.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Coñecido como Luscinus, foi cónsul no 282 a C. Enfrontouse cos samnitas e cos brucios e derrotou os lucanos que sitiaban Turín. Derrotado na Batalla de Heraclea, negociou con Pirro a devolución dos prisioneiros romanos (280 a C) e rexeitou as presións e os subornos que lle ofreceu este monarca. Elixido de novo cónsul no 278 a C, ao ano seguinte exerceu o cargo de censor con gran dureza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Roma, que une a beira esquerda do río Tíber coa Illa Tiberina. Construída no 62 a C polo cónsul Fabricio, trátase da ponte romana máis antiga. Ten dous arcos e un piar central, que conta cunha arcada que o alixeira. O revestimento data dos ss XV-XVII e en 1679 o Papa Inocencio XI engadiulle o parapeto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe clásica, histórica e literaria, derivado a finais da Idade Media do antigo xentilicio latino Fabricius ‘relativo ao artesán’, procedente, á súa vez, da voz común faber ‘artesán’. A forma feminina correspondente é Fabricia.
-
GALICIA
Naturalista, investigador e escritor. Estudiou na Escola Superior da Mariña Civil da Coruña e licenciouse en 1968 na facultade de Náutica de Barcelona. Fundou e presidiu a Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía e o Instituto Galego de Estudios Mariños, e foi presidente da Asociación de Oficiais da Mariña Mercante. Pertenceu ás xuntas rectoras dos parques naturais das Illas Cíes e do Monte Aloia en representación dos grupos ecoloxistas de Galicia, así como ao Consello Galego de Medio Ambiente. Na área da natureza descubriu as colonias de paíño europeo das costas galegas. Publicou numerosos artigos nas áreas da historia, etnografía, ciencias da natureza, arqueoloxía e espeleoloxía, e libros de investigación, entre os que cómpre destacar Illas de Ons e Sálvora, historia natural e humana, Viaxeiras da auga, Fauna galega para nenos galegos, Cruces mariñas e de mala morte das costas galegas, Illas de Galicia, Cíes y Ons: la ruta de las islas, As covas de Galicia, Tódolos peixes de Galicia,...
VER O DETALLE DO TERMO