Fabricio, ponte
Fabricio, ponte
Construción situada en Roma, que une a beira esquerda do río Tíber coa Illa Tiberina. Construída no 62 a C polo cónsul Fabricio, trátase da ponte romana máis antiga. Ten dous arcos e un piar central, que conta cunha arcada que o alixeira. O revestimento data dos ss XV-XVII e en 1679 o Papa Inocencio XI engadiulle o parapeto.