Fabricius, Johann Albert

Fabricius, Johann Albert

Filólogo e bibliógrafo alemán, fillo de David Fabricius. En Hamburgo editou a Bibliotheca graeca (14 vols, 1705-1728) e a Bibliotheca latina (2 vols, 1697), enumeracións bibliográficas de autores gregos e latinos, e a Bibliotheca latina mediae et infimae aetatis (6 vols, 1734-1736), primeiro repertorio científico da literatura medieval. É autor tamén dunha escolma de escritos extracanónicos e apócrifos da Biblia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Leipzig

  • Deceso

    Lugar : Hamburgo