"Bruce" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

    1. Relativo ou pertencente aos Abruzos, aos seus habitantes ou ao seu dialecto.

    2. Natural ou habitante dos Abruzos.

    3. Dialecto italiano do grupo centromeridional falado nos Abruzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia escocesa que reinou dende 1306 ata 1371. Descenden de Robert de Bruce (morto cara ao 1094), cabaleiro normando que pasou a Inglaterra con Guillerme I. O segundo Robert de Bruce (morto en 1141) estableceuse en Escocia en 1124. O sexto Robert de Bruce (morto en 1295) foi bisneto dos reis Malcolm IV e Guillerme I. O neto deste, Robert de Bruce (1274-1329) converteuse en rei en 1306 como Roberto I. O seu irmán Edward de Bruce, morreu en 1318 mentres loitaba por ser o rei de Irlanda. O derradeiro rei escocés desta dinastía foi David II (1325-1371) con quen se extinguiu a rama directa da familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e bacteriólogo. Descubriu en 1887 a bacteria causante da febre de Malta (Brucella melitensis) e o protozoo causante da nagana (Trypanosoma brucei).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador escocés. Descubriu as fontes do Nilo Azul, sobre o que escribiu o libro Travels to discover the source of the Nile (Viaxes para descubrir as fontes do Nilo, 1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e diplomático. Conde de Elgin e embaixador en Constantinopla entre 1799 e 1803. Trasladou a Inglaterra esculturas do Partenón e do Erecteion, os chamados Elgin Marbles (mármores de Elgin).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bacteria da familia das bruceláceas.

    2. Familia de bacterias da orde das eubacteriais integrada por bacterias Gram-negativas moi pequenas e pleomórficas, parasitas obrigadas de moitos animais, mesmo do ser humano. Son inmóbiles ou ben se moven por flaxelos perítricos. Os xéneros máis importantes son Pasteurella, Brucella, Haemophylus e Bordetella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pequenas bacterias Gram-negativas, inmóbiles e aerobias, da familia das bruceláceas. Son parasitas de diversos animais, incluso do ser humano, aos que lles ocasionan diferentes enfermidades coñecidas co nome xenérico de bruceloses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das enfermidades infecciosas causadas por bacterias do xénero Brucella. A reserva natural destas bacterias son os animais, sobre todo o gando bovino (B. abortus) o cabrún (B. melitensis), o porcino (B. suis), o ovino (B. ovis) e os cans (B. canis). A enfermidade pódese transmitir ao ser humano por contacto directo ou pola inxestión de produtos animais, especialmente leite e os seus derivados. A especie B. melitensis, primeira en ser descuberta en 1887 por D. Bruce, é a que provoca a maior parte de bruceloses no ser humano e produce o cadro clínico coñecido como febre de Malta. A especie B. abortus, que no gando causa abortos, no ser humano provoca a enfermidade de Bang, de síntomas semellantes á febre de Malta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo e ensaísta inglés. Coñecido polo pseudónimo Wilhelm Nero Pilate Barbellion, exerceu como xornalista a partir dos 16 anos. Posteriormente, interesouse polas ciencias naturais e gañou por oposición en 1911 unha praza no museo de Historia Natural de Londres. Publicou The Journal of a Disappointed Man (O diario dun home desilusionado, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Estudiou fotografía en 1953 no Rochester Institute of Technology con Ralph Hattersley e cursou filosofía e artes gráficas na Universidade de Yale. Realizou ilustracións fotográficas dos produtos químicos Kodak Eastman, publicou para a revista Life e traballou como fotógrafo independente en Nova York e París, onde realizou a serie titulada Widow in Montmartre, influído por Cartier-Bresson e W. E. Smith. Colaborou na axencia Magnum dende 1958 e coa Fundación Guggenheim a partir de 1962. Dous anos máis tarde comezou a dar clases na Escola de Artes Visuais de Nova York. Difundiu os seus traballos en diferentes revistas, como Du, Esquire, Look e Vogue. Nas súas imaxes reflicte a realidade da vida dos guetos de Los Angeles e do Harlem hispano de Nova York, acompañadas de retratos sinxelos e fortes, onde se pon de manifesto a privacidade e a soidade do individuo. Algúns destes traballos apareceron na selección East...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Estudou na Universidade de California, onde se doutorou en 1949. Foi profesor en Los Angeles e na Rockefeller University (Nova York). En 1984 recibiu o Premio Nobel de Química polos seus traballos na obtención dun método de síntese de péptidos e proteínas, de grande utilidade para a creación de antíxenos ou cadeas curtas de cebadores xenéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e guitarrista de jazz. Coñecido como Pat Metheny, tocou no cuarteto de Gary Burton (1974). Durante a década de 1980 organizou e dirixiu un trío e un quinteto e compuxo música para diversos filmes. Da súa discografía destacan Bright Size Life (1976), Watercolors (1977), Letter From Home (1989), A Map Of The World (1999) e One Quiet Night (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e microbiólogo polaco. Naturalizado estadounidense, investigou numerosos virus infecciosos e descubriu e desenvolveu diversas vacinas, como a antipoliomielítica por vía oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bruce Frederik Joseph Springsteen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e guitarrista de rock. Coñecido como Bruce Springsteen ou The Boss, da súa discografía destacan Greetings From Asbury Park, N.J. (1973), Born to Run (1975), The River (1981), Born in the USA (1984), Tunnel of Love (1987), Lucky Town (1992), The Ghost of Tom Joad (1995), The Rising (2002) e Devils & Dust (2005). Obtivo un Oscar á mellor canción por “Streets of Philadelphia” (1992) e doce premios Grammy (1984-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO