Davidson, Bruce
Fotógrafo estadounidense. Estudiou fotografía en 1953 no Rochester Institute of Technology con Ralph Hattersley e cursou filosofía e artes gráficas na Universidade de Yale. Realizou ilustracións fotográficas dos produtos químicos Kodak Eastman, publicou para a revista Life e traballou como fotógrafo independente en Nova York e París, onde realizou a serie titulada Widow in Montmartre, influído por Cartier-Bresson e W. E. Smith. Colaborou na axencia Magnum dende 1958 e coa Fundación Guggenheim a partir de 1962. Dous anos máis tarde comezou a dar clases na Escola de Artes Visuais de Nova York. Difundiu os seus traballos en diferentes revistas, como Du, Esquire, Look e Vogue. Nas súas imaxes reflicte a realidade da vida dos guetos de Los Angeles e do Harlem hispano de Nova York, acompañadas de retratos sinxelos e fortes, onde se pon de manifesto a privacidade e a soidade do individuo. Algúns destes traballos apareceron na selección East 100th Street (1970). Tamén publicou Subway (1984).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oak Park, Illinois