"Buco" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • Liñaxe natural de Pontedeume. As súas armas levan, en campo de azul, unha parede cun burato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras indicando conexión ou relación coa boca ou coas meixelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á boca e aos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición poética do xénero bucólico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dez composicións poéticas de Virxilio, elaboradas entre o 42 e o 37 a C. Con elas Virxilio innovou a poesía campestre de Teócrito, e o xénero bucólico romano adquiriu un carácter histórico definido. A maior parte ten forma dialogada. Os pastores que aparecen nelas, a miúdo personaxes da alta sociedade disfrazados, propoñen cuestións sociais, políticas ou económicas. A súa temática xira ao redor do amor que todo o vence.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á vida e á ocupación dos pastores.

      2. Que goza coa vida tranquila e ideal do campo.

    1. Hexámetro dactílico con diérese despois do cuarto pé, usado a miúdo polos poetas bucólicos.

    2. Xénero literario, especialmente poético, que idealiza a vida no campo e a vida dos pastores. Teócrito (s III a C), autor dos Idilios (s III a C), é o representante de maior importancia entre os gregos. O xénero atopou un novo mestre en Virxilio, seguidor de Teócrito pero creador orixinal nas Bucólicas (42-37 a C). Foron numerosos os imitadores de Virxilio, no conxunto ou nunha parte das súas obras. Durante os tempos medievais, o xénero foise adulterando, e só hai reflexos deste nos poetas carolinxios, reunidos ao redor de Alcuíno, nas pastorelas provenzais e catalanas e nas serranillas castelás. A renovación da bucólica clásica operouse a partir do Humanismo e do Renacemento. En España está representado por Juan del Encina (1469-1529) e sobre todo por Garcilaso de La Vega (1501-1536), gran cultivador da égloga. En Galicia débese subliñar a figura de Nicomedes Pastor Díaz, autor dunha Égloga e dunha Alborada entre os anos 1826 e 1828, seguindo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En antroponometría, dimensión transversal dos dentes que mide a distancia existente entre a cara interna (a que está en contacto coa lingua) e a súa cara oposta (externa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate librado o 12 de febreiro de 1817 entre as tropas españolas dirixidas por Maroto e as forzas combinadas de arxentinos e chilenos dirixidas por O’Higgins e San Martín. A derrota española resultou definitiva no proceso de independencia de Chile, conseguida o 12 de febreiro de 1818.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera en catro actos estreada no Teatro alla Scala de Milán o 9 de marzo de 1842. Con música de Giuseppe Verdi e baseado no drama Nabuchodonosor presentado en París en 1836, da autoría de Anicète Bourgeois e Francis Cornue, narra a derrota do pobo hebreo no seu enfrontamento cos babilonios. Do conxunto da ópera destaca o coro de escravos hebreos Va pensiero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Isin (1124-1103 a C). Reinou sobre Babilonia e o sur de Mesopotamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Babilonia (605-562 a C), fillo de Nabopolasar. Foi o soberano máis destacado da dinastía caldea. En nome do seu pai, derrotou o faraón Nekao II en Karkemis (605) e a súa política exterior orientouse cara a Siria e Palestina, onde obtivo grandes éxitos sobre os reis locais. En política interior emprendeu grandes construcións e protexeu as artes e a literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prato que se prepara con carne de vacún guisada, concretamente co xarrete con óso cortado en rodas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL de Brasil (98.938 km2; 7.918.344 h [2000]). A súa capital é Recife. Forma parte, no O, do escudo paleozoico brasileiro. O territorio comprende unha faixa costeira de 200 km de largo (Matta), un altiplano inferior (Sertão) e entre as dúas áreas, unha zona intermedia de socalcos (Caatinga). Nas rexións non costeiras o relevo formou as típicas chapadas. Descuberto e explorado en 1500 por Alvares Cabral, en 1534 converteuse nunha das capitanías brasileiras. Foi un dos principais centros produtores de cana de azucre, feito que orixinou un reparto latifundista das terras e unha importación a grande escala de escravos africanos. A abolición da escravitude (1888) destruíu a economía azucreira e en 1889 converteuse en estado federal, pero permaneceu como unha das zonas máis subdesenvolvidas de Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina de guerra, anterior á invención da pólvora, que lanzaba grandes pedras contra murallas ou buques.

    2. Arma de fogo portátil, de carga dianteira, canón curto e amplo, e boca acampanada, que esparexe moitos proxectís a pouca distancia ou lanza un só. Foi a arma característica do bandoleirismo na España do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade que se paga como imposto para contribuír aos gastos públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en El Campo de Antequera e regado polo río Guadalhorce (4.841 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO