"Burundi" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África centroriental, limitado ao N por Rwanda, ao O por República Democrática do Congo, e ao L e ao S por Tanzania (27.834 km2; 5.943.000 h [1996]). Esténdese entre os 2° e 4° de latitude S e os 29° e 31° de lonxitude L. A capital é Bujumbura.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Distínguense catro rexións xeomorfolóxicas: os altiplanos centrais, de 1.500 a 2.000 m de altitude; a rexión montañosa setentrional, por riba dos 2.600 m; a rexión Imbo, entre 800 e 1.000 m de altitude, que arrodea o lago Tangañika; e as rexións deprimidas do L.
Clima, vexetación e hidrografía
O clima é ecuatorial, aínda que modificado nos lugares de máis altitude, cunha temperatura media anual de 20°C e unha pluviosidade duns 1.400 mm ao ano, agás na rexión do lago Tangañika, onde chega soamente a 800 mm. A vexetación é de sabana nas áreas de baixa altitude, e de bosque na rexión montañosa setentrional. Hidrograficamente,... -
-
Relativo e pertencente a Burundi ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Burundi.
-