"CAAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 26.
-
GALICIA
Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Santiago e en Teoloxía pola de Ávila. Foi reitor do Colexio de San Clemente en Santiago (1755). Un ano máis tarde gañou a maxistratura da Colexiata da Coruña e logo a mestrescolía. Tamén foi maxistral de Lugo e chantre, cabaleiro da Real Orde Española de Carlos III e no 1794 foi nomeado deán da Catedral de Santiago. O 15 de outubro de 1796 foi designado Bispo de Lugo. Publicou dúas cartas pastorais (1802 e 1807).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro Atlántico de Arte Moderno.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Porto do Son baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido que pode ter a súa orixe nun alcume ou nun topónimo. Algunhas teorías fano derivar do antigo adxectivo camaño, procedente, á súa vez, do latín quam magnu. As documentacións que se atopan deste apelido presentan unha forma xa moi próxima á actual: “Johan de Camaño” (doc ano 1457 en F. R. Tato Plaza Libro de Notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457), 1999, p 927). Unha variante deste apelido é Camaño.
-
Liñaxe que, segundo a tradición, descende do príncipe Sicambre, bisneto do último rei dos troianos que desembarcara en terras galegas. A súa primeira casa foi o castelo de Castro Camaño, en Noia, e a ela pertenceron Sancho García de Caamaño, que participou como capitán no sitio de Almería (1147) e na conquista de Andújar (1155), Garci Fernández de Caaamaño, que acompañou a Fernando III o Santo nas conquistas de Córdoba e Sevilla, e Vasco Fernández de Caamaño, quen apoiou a Pedro I o Cruel e logo tivo que marchar para Portugal. Establecéronse en Vista Alegre e Barrantes, de onde procede García de Caamaño Mendoza Soutomaior, cardeal arcebispo de Compostela, Fernando Caamaño de Andrade e Soutomaior, bispo de Palencia e Sigüenza e capitán xeneral do Reino de Galicia en Rubiáns, e Fernando de Caaamaño e Figueroa, cardeal de arcebispo de Compostela. Tamén se asentaron noutros moitos lugares de Galicia como Vilanova de Arousa, Rubiáns, Pontevedra, Romelle (Samos), Rianxo, Baión...
-
-
GALICIA
Cronista oficial de Cambados. Desenvolveu o seu labor profesional como comisario de policía. Colaborou como xornalista en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo. Amais de numerosos artigos xornalísticos, escribiu: Cambados a la luz de la historia (1933), El Grove, su historia (1964) e Rosalía en el llanto de su estirpe (1968). Foi membro da Real Academia Galega e, dende 1973, da Real Academia da Historia. Recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña do ano 1948 pola súa obra El periodismo gallego en relación con el periodismo español.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Colaborou en diversos xornais e revistas da emigración galega, principalmente con composicións poéticas. Publicou o poemario Marisqueiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Profesor de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en diferentes aspectos da romanización en Galicia dende que en 1976 defendeu a súa tese sobre La vía romana número 18 del Itinerario Antonino a su paso por la provincia de Ourense. Dirixiu a escavación do campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes) e do xacemento de Temes (Carballedo). Foi director do departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comisión técnica de arqueoloxía da Xunta de Galicia e colaborou nas revistas Gallaecia, Larouco, Lucus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Boletín Auriense, Conimbriga, Boletín do Museo Provincial de Lugo e Cadernos de Arqueoloxía. É autor dos libros Guía del campamento romano de Cidadela (1994), As vías romanas (1998) e La vía Nova (18 Itinerario Antonino) su tramo galaico (2000). Pertenceu ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Catedrático de Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid. Especializouse na arte gótica galega, tema da súa tese Contribución al estudo del gótico en Galicia (1959), e realizou numerosos estudios, entre os que destaca “Pervivencias y ecos del Pórtico de la Gloria en el gótico gallego” (1991). É colaborador de Cuadernos de Estudios Gallegos, Archivo Español de Arte, Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología e Cuadernos del Arte Español. Ademais participou en congresos e obras colectivas como Arte Galega: estado da cuestión (1990). Entre as súas obras cómpre salientar Historia del Arte Español (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista ilustrado, conde de Maceda e Fefiñáns, marqués de Figueroa e da Atalaia e grande de España. Desempeñou o cargo de alguacil maior do Santo Tribunal da Inquisición do Reino de Galicia e vogal perpetuo da Xunta de Comercio e Navegación. Nas súas obras, defendeu que o comercio e a industria non deberían estar gravados con demasiadas cargas tributarias. A súa actividade económica comezou en 1792, cando fundou unha fábrica con once teares para obxectos de seda, ouro e fío. En 1797, por mor da súa defensa ante o rei do porto de Ferrol, foi nomeado pola corporación da cidade rexedor perpetuo da vila. Publicou: Representación (...) sobre el estado de las pesquerías nacionales, causas de su decadencia y medios de establecerlas (1807) e Reforma que deberá darse a la Marina española para que llegue a florecer entre las primeras naciones de Europa (1814). Foi membro da Sociedad Cantábrica, da Sociedade do Reino de Galicia e cabaleiro da orde de san Xoán de Malta.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Profesor de construción rural galega na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Investigador das construcións populares galegas, participou no Congreso Europeo do Hórreo na Arquitectura Rural (1985) e colaborou na obra Doce anos na busca da nosa identidade (1991). Entre outras obras, publicou Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica, (1980), Sobre Galicia, con responsabilidades (1989), A casa vivenda (1997), A casa popular (1999) e As construcións adxectivas (1999). Paralelamente, foi un activo militante galeguista, iniciando a súa andaina en Barcelona, onde foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona e fundou a Mocedade Galega en 1960. En 1964 instalouse na Coruña e ingresou no Partido Socialista Galego, ao que pertenceu ata 1980. Presidiu a Agrupación Cultural O Facho ata 1979. Ademais, foi vicepresidente da coral polifónica Follas Novas, membro dos consellos editoriais de Sept e Galaxia, un...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1606 dourou e pintou o retablo da capela de San Froitoso, na catedral de Santiago de Compostela, e o retablo principal de Santo Estevo de Covas (Ames). Está documentado que en 1620 estivo preso no cárcere da Torre da Praza por causa dunha querela imposta polo escultor Francisco de Antas, aínda que este retirou a denuncia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. A súa dedicación á fotografía comezou no ano 1924 de forma autodidacta. Anos máis tarde pasou varios invernos en Santiago onde aprendeu co fotógrafo Ksado. Ao longo da súa vida, sempre na Costa da Morte, foi retratando as súas paisaxes así como o xeito de vivir dun pobo e todos os aspectos relacionados coas súas actividades laborais e sociais. Na súa obra reflectiu os traballos do mar e do campo, as actividades manuais dos carpinteiros, toneleiros, palilleiras, a actividade nas feiras e nas oficinas, a vida nas escolas; tamén as procesións e peregrinacións, os velorios, as festas e romarías, o teatro, os faladoiros e o deporte. O seu estilo baséase na sinxeleza de medios. Interesouse polo cine e proxectou películas polas vilas da área de Corcubión dende o ano 1927. Publicou fotografías en diversos xornais e revistas como ABC, Ahora, Céltiga, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, La Noche, España y América, Finisterre, Stampa, Vida Gallega, Hijos de Mugía e Alborada (estas dúas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xaquín Ramón Pérez Caamaño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no lugar de Raso en San Vicente de Camouco (Ares), foi construído cara ao 1757 e xa no s XIX estaba en ruínas.
-
PERSOEIRO
Avogado e político venezolano. Ocupou diversos cargos públicos ata 1810, cando se uniu á causa emancipadora. Formou parte da Junta Patriótica, foi presidente da Alta Corte de Justicia e gobernador de València, ata a capitulación da cidade, trala que foi apresado e executado polas forzas realistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciado en Leis e Canons pola Universidade de Santiago de Compostela (1829), traballou como avogado ata 1832, ano no que se iniciou na xudicatura. Foi comandante da milicia nacional e defendeu os territorios da súa xudicatura contra as faccións carlistas. Tralo golpe de Espartero, foi destituído e perseguido ata o regreso dos moderados ao poder. En 1844 foi nomeado gobernador civil de Lugo e desde ese mesmo ano obtivo representación no Congreso ata a lexislatura de 1864 (agás no período progresista de 1854-1856), pola provincia da Coruña (1844-1846) e polos distritos de Cee (1846-1850; 1851-1864) e Carballo (1850-1851). Foi condecorado coa Gran Cruz de Cabaleiro de Isabel a Católica (1837) e coa Cruz de Comendador de Isabel a Católica (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Realizou a súa primeira mostra individual en 1947 e participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e do Salón de Otoño de Madrid, onde acadou a terceira (1958), segunda (1960) e primeira (1961) medalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Graduouse en artes aplicadas na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra e na I Mostra Unión Fenosa (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Decorou o retablo da capela de Nosa Señora do Rosario (1612) na igrexa de Santiago de Betanzos e, en 1617, realizou o mesmo labor para o retablo maior de Santa María de Centroña en Pontedeume.
VER O DETALLE DO TERMO