Caamaño Pardo, Xoán Xosé

Caamaño Pardo, Xoán Xosé

Economista ilustrado, conde de Maceda e Fefiñáns, marqués de Figueroa e da Atalaia e grande de España. Desempeñou o cargo de alguacil maior do Santo Tribunal da Inquisición do Reino de Galicia e vogal perpetuo da Xunta de Comercio e Navegación. Nas súas obras, defendeu que o comercio e a industria non deberían estar gravados con demasiadas cargas tributarias. A súa actividade económica comezou en 1792, cando fundou unha fábrica con once teares para obxectos de seda, ouro e fío. En 1797, por mor da súa defensa ante o rei do porto de Ferrol, foi nomeado pola corporación da cidade rexedor perpetuo da vila. Publicou: Representación (...) sobre el estado de las pesquerías nacionales, causas de su decadencia y medios de establecerlas (1807) e Reforma que deberá darse a la Marina española para que llegue a florecer entre las primeras naciones de Europa (1814). Foi membro da Sociedad Cantábrica, da Sociedade do Reino de Galicia e cabaleiro da orde de san Xoán de Malta.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol

  • Deceso

    Lugar : Madrid