"CEI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 262.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abedugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia imperial fundada polo Emperador chinés Xuanzong da dinastía Tang (740). Perdurou ata o afundimento do réxime imperial (1911). Tivo importancia nos eidos da lingua, a literatura e as artes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Accademia Nazionale dei Lincei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principal academia de Italia. Fundada en Roma por Federico Cesi (1603) para o estudo das matemáticas, das ciencias naturais e da filosofía. Desapareceu en 1630, pero foi restablecida no ano 1801. En 1870 desdobrouse na Pontificia Accademia delle Scienze e na Reale Accademia Nazionale dei Lincei, que se incorporou á Accademia d’Italia en 1939. Logo da súa reestruturación, realizada no ano 1944, organízase en torno a dúas seccións: a de filosofía, historia e filoloxía, e a de física, matemáticas e ciencias naturais; cada unha delas ten setenta e dous membros. A súa biblioteca posúe aproximadamente medio millón de volumes (1999); edita nove publicacións periódicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aceixa.
-
-
de aceirar.
-
Que é de aceiro ou semellante ao aceiro.
-
Que é moi forte e resistente.
-
Que é incisivo ou mordaz.
-
Proceso de recubrir por electrólise un obxecto metálico con ferro puro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de conversión ao aceiro ou en algo tan forte coma o aceiro.
-
-
Temperar ou reforzar con aceiro.
-
Operación que consistía en recubrir por galvanoplastia as pranchas de cobre cunha capa finísima de ferro. Este proceso, que alonga a duración dos gravados, na actualidade realízase con níquel ou cromo.
-
-
Transformar o ferro en aceiro, especialmente por cementación.
-
Reducir a proporción de carbono no ferro fundido mesturando no gobelete ferro doce ou limaduras de aceiro.
-
-
-
Efectuar un aceirado.
-
Adornar unha ferramenta con pezas de aceiro.
-
-
-
-
Fundamentalmente, aliaxe de ferro cunha pequena cantidade de carbono. O ferro puro por si só (ferrita) ofrece pouca resistencia e dureza, e sofre deformacións plásticas. Coa adición do carbono aumentan as súas calidades de resistencia e dureza, así como tamén o límite elástico, diminuíndo ao tempo a dutilidade. A porcentaxe de carbono que caracteriza o aceiro está comprendida entre o 0,05 e o 1,70%. As calidades de resistencia do aceiro pódense alterar considerablemente mediante un tratamento térmico axeitado: o temperado. O ferro e o aceiro confúndense cando este é de baixo contido en carbono.
Elaboración.
Dende que a finais do s XVIII os altos fornos comezaron a producir ferro fundido, o esforzo tecnolóxico das metalúrxicas orientouse a transformalo en aceiro de características físicas controlables. Como precursor, o inglés Huntsman obtivo no 1740 aceiro fundido no crisol, por síntese, mesturando ferro doce con carbono. Este procedemento, moi caro e de baixa... -
Arma branca, especialmente refírese a unha espada.
-
Metal representado graficamente por un campo de cruces minúsculas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Untar con aceite.
-
-
-
aceite de oliva
Líquido oleoso, límpido e transparente, de olor e sabor característico, de cor verde amarelenta clara, extraído dos froitos maduros da oliveira. Hai diferentes tipos. O aceite verde é o extraído por procedementos mecánicos, en frío, sen ningunha manipulación máis que a clarificación mecánica. O aceite refinado obtense por refinación do aceite verde e do extraído das olivas por procedementos autorizados. O aceite puro de oliva é unha mestura do aceite verde e do aceite refinado. O aceite de bagazo obtense tratando o bagazo cun disolvente e refinándoo despois. Para obter o aceite amontóanse as olivas nas almazaras, que conteñen un 15-30% do aceite, onde experimentan unha maduración fermentativa. Despois de limpalas pásanse ao muíño, onde se reducen a unha pasta que se prensa, e da que resulta un líquido no cal, por repouso, se separa o aceite da fase acuosoa. A pasta espremida trátase con auga quente. O aceite obtido ten impurezas (colorantes,...
-
aceite de palma
Aceite que se obtén por apertamento do froito da palma africana (Elaeis guineensis) ou da americana (E. melanococa). Contén un 35-40% de ácido palmítico e aproximadamente un 43% de ácido oleico. Ten unha cor amarela escura e un olor e un sabor característicos. Emprégase para a preparación de cremas e ungüentos, tamén para facer xabón e para fritir alimentos.
-
Graxa de procedencia animal ou vexetal, líquida a temperatura de 200°C. Quimicamente os aceites están formados, case totalmente, por triglicéridos de ácidos graxos saturados e insaturados. A parte non constituída por triglicéridos chámase insaponificable e ten como principais compoñentes esteroides, hidrocarburos e vitaminas liposolubles. Obtéñense por presión, fusión ou extracción con disolventes autorizados e para que sigan a ser comestibles teñen que ser refinados. O refinamento pode facerse a través de diversos procedementos; os máis empregados son a clasificación mecánica, a desmucilaxinación, a neutralización, a decoloración e a desmargarinización. Os aceites vexetais destinados á alimentación clasifícanse en dous grupos: aceites de froitos, aceite de oliva e aceites de sementes. Os aceites de sementes (soia, cacahuete, xirasol, algodón, améndoa, sésamo, colza, millo, etc) obtéñense por apertamento ou extracción con disolventes...
-
aceite de améndoas
Aceite obtido polo apertamento das améndoas doces. É moi fluído, con pouco sabor e olor, e dunha cor amarela clara. Emprégase en emulsións, como laxante suave. Ten aplicación para cremas e pomadas. É un dos compoñentes da cold cream.
-
aceite de copra /
Graxa semisólida, de cor abrancazada e aspecto de manteiga de porco, que se extrae da copra. Basicamente, componse de trimistirina, trilaurina, tripalmitina e tristearina, ademais doutros glicéridos. Empregado na industria alimentaria e na fabricación de xabóns.
-
aceite de crotón
Aceite extraído das sementes do crotón. É semisecante de cor amarela escura e dun olor característico. É un forte purgante que se administra, mesturado con aceite de oliva, en cápsulas de xelatina. Emprégase tamén como revulsivo.
-
aceite de fígado de bacallao
Aceite obtido polo simple apertamento de fígados preparados de bacallao. Hai diversas clases de aceites, segundo se obteñan en frío, con vapor ou con disolventes. É un líquido amarelo ou amarelo avermellado, fluído e dun olor característico. Ten un alto contido en vitaminas A e D.
-
aceite de liñaza
Aceite secante que se obtén da liñaza. Contén unha alta porcentaxe de ácido linoleico e é fortemente oxidable, con resinificación. É moi empregado en pinturas. En medicina adminístrase por vía oral para combater a hipercolesterinemia.
-
aceite de oliva
-
-
...
-
-
-
-
Recipiente empregado para gardar aceite, ben para o consumo diario na cociña ou para engraxar as máquinas.
-
paíño.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao aceite.
-
Persoa que se dedica a vender ou tratar co aceite.
-
-
-
Que contén ou está untado de aceite.
-
Semellante ao aceite.
-
-
-
Froito en drupa da oliveira, monosperma, máis ou menos redondo, de cor e dimensións moi diversas, que se emprega como alimento, ben para ser comido enteiro, ben como materia prima do aceite. A colleita de olivas faise de outubro a xaneiro. Son apañadas da árbore a golpes de vara ou coa man. A produción de olivas sempre se caracterizou por unha marcada irregularidade, e por esa razón asociouse a oliveira coa viña e cos cereais. España e Italia son os principais países produtores do mundo, xunto con outros países como Grecia, Turquía, Tunisia, Siria, Portugal, Francia, Marrocos, Alxeria, Serbia e Montenegro, Xordania, EE UU, Chipre, Israel, Libia e Arxentina. A oliva destínase principalmente á obtención de aceite: o 90% da produción española é prensada con esta finalidade, mentres que menos do 5 % da extensión total dedicada ao cultivo de oliveira vai dedicada á produción de olivas para o consumo directo. Destas, as de máis interese económico, en relación co comercio exterior, son as preparadas...
-
Núcleo de substancia gris do sistema nervioso central. No bulbo raquídeo están as olivas bulbares, na protuberancia as olivas protuberanciais, e no cerebelo as olivas cerebelosas, ou núcleos dentados principais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de seda traballada dun gran valor e moi usada na Idade Media, procedente de Zaitūn, denominación árabe de Quanzhou ou Jinjiang (China).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria do Castro de Aceixa nos arredores de Palas de Rei. As súas armas levan, en campo de prata (ou goles), tres pombas pardas ben ordenadas picadas e membradas de goles. A variante xenealóxica Aceixas leva no seu escudo, en campo de goles, tres pombas de prata ben ordenadas. Este apelido pode aparecer documentado tamén coas formas castelanizadas Aceija ou Aceijas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aceixa.
-
PERSOEIRO
Rei de Castela e León (1312-1350). Fillo de Fernando IV e de Constanza de Portugal. Nas pugnas pola súa titoría fixo un papel moderador a avoa do Rei, María de Molina, que confinou a Afonso en Valladolid. Declarado maior de idade en 1325, iniciou unha política de man dura contra os nobres sediciosos. Baixo o seu Reinado, levantáronse en Galicia novas casas que acadaron gran poder: os Castro, os Sarmiento, os Osorio, os Andrade, os Deza, etc. Os nomeamentos que outorgou en Galicia e no resto do seu Reino provocaron numerosas revoltas. Confirmou o Arcebispo de Santiago como capelán maior do Real Pazo e chanceler do Reino de León, así como aos seus sucesores. Non lle concedeu, sen embargo, o señorío da cidade e a súa terra. Afonso de la Cerda rendeulle homenaxe (1331) e puxo fin ao preito dinástico. Proseguiu a conquista; o Rei de Granada solicitou o auxilio do Sultán de Marrocos, que se apoderou de Gibraltar. Cercada Tarifa, unha escuadra marroquí derrotou á castelá (1340). Afonso obtivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Campo de mámoas situado na parroquia de Xillar (Outeiro de Rei). Debido á presenza de antas nas que a cámara é de planta poligonal e polas características do enxoval achado no seu interior pertence ao apoxeo do Megalitismo.