"Cabanela" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma diminutiva correspondente ao apelido galego Cabana. Este apelido xa se documenta na época medieval: “Rruy Muniz de Cabanela” (doc ano 1390 en Mª Luz Méndez Fernández Contribución ao estudo dun libro das Tenzas da Catedral de Santiago, 1991, p 24).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma plural do apelido galego Cabanela.
-
GALICIA
Arabista. Foi catedrático de Lingua Árabe da Universidad de Granada e director da Escuela de Estudios Árabes dependente do CSIC. Levou a cabo diversas investigacións na Biblioteca Nacional de París e nas bibliotecas universitarias de Londres, Oxford e Cambridge. Viaxou por diversos países árabes como Siria, Xordania e Exipto para complementar os seus estudios. No eido editorial destacou como director do volume sobre árabe e Islam da revista Miscelánea de Estudios Árabes y Hebraicos e como director da revista Cuadernos de la Alhambra. Publicou máis de cen traballos de investigación de lexicografía, filosofía e historia árabe entre os que destacan: El morisco granadino Alonso del Castillo (1965), Poesía arabigoandaluza (1984) e Valor documental de los poemas epigráficos de la Alhambra (1984). Foi membro da Real Academia de Historia e da Real Academia de Bellas Artes de Granada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Entre as súas obras salientan os centros de saúde de Castro Caldelas, Ramirás e Maside e as oficinas de turismo da Gudiña e do Carballiño. Ocupou a vicepresidencia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), foi secretario da Escola de Artes Aplicadas de Ourense e director xerente de Xestur. Recibiu en 1988 o Premio de Arquitectura do COAG.
VER O DETALLE DO TERMO