Aljubarrota

Aljubarrota

Localidade do distrito de Leiria, Portugal. Xoán I de Castela foi derrotado neste lugar o 14 de agosto de 1385 na Batalla de Aljubarrota polas tropas portuguesas, reforzadas por tropas inglesas e gasconas. Estas estaban baixo o mando de Xoán I de Portugal, quen decidiu nesta ocasión a loita pola sucesión de Portugal ao seu favor. O mosteiro de Batalha foi construído para conmemorar este feito.