"Cabanillas" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

    1. Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Ca-banelas.

    2. Liñaxe catalá de orixe francesa, que se estendeu por Aragón, València e Galicia. Unha rama pasou a Nápoles. As súas armas levan, en campo de azul, un libro de ouro e sobre el un carneiro pascual de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Pío Cabanillas Gallas. Licenciado en Dereito polo Centro de Estudios Universitarios (CEU) e máster en Arts in Law and Diplomacy pola Fletcher School de Medford (EE UU), foi director de organización e desenvolvemento da división de televisión e cine do grupo PRISA, director xeral de Sogecable, director de desenvolvemento e relacións internacionais do grupo PRISA e director xeral de Radiotelevisión Española (RTVE). O 27 de abril do 2000 foi nomeado ministro portavoz do Goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Fillo de Xoaquina Enríquez e Xosé Cabanillas, pasou en Cambados a súa infancia, frecuentando ao longo de tres anos a escola pública; logo, co obxectivo de ingresar no Seminario, seguiu estudios de latín na parroquia de Corvillón e en 1889 ingresou no Seminario de San Martiño Pinario onde residiu ata 1893; alí adquiriu interese pola lectura, formándose academicamente en latín e filosofía. Con 17 anos desempeñou funcións burocráticas na súa vila natal, primeiramente na notaría de Pedro Sánchez e máis tarde no Concello ao longo de dez anos, exercendo como oficial de contabilidade. En 1899 casou con Eudosia Álvarez, empezou a colaborar na prensa local e mesmo participou na fundación de distintas publicacións, como El Cometa ou El Umia. En 1910 emigrou a Cuba, posiblemente polas presións ás que estaba sometido polo seu republicanismo e anticaciquismo. En La Habana exerceu como contable de comercio e administrador do Teatro Nacional, propiedade do Centro Gallego,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, empresario e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Granada, foi bolseiro do Instituto de Estudios Jurídicos, profesor de dereito civil da Universidad Complutense e colaborador da sección de xustiza do Instituto de Estudios Políticos. A súa carreira profesional iniciouse en 1951, cando aprobou as oposicións para notario; aínda que logo tamén exerceu como rexistrador da propiedade e letrado da dirección xeral de rexistros e do notariado. Así mesmo, participou activamente nas comisións redactoras de diversas leis, entre as que salientan a do regulamento do réxime mercantil, do regulamento hipotecario, de demarcación xudicial, de redención dos censos cataláns, de quebras, da propiedade intelectual, de prensa e imprenta, de vendas a prazos, de adopción e do Estatuto da Publicidade. En 1960 foi elixido procurador en Cortes e vogal permanente da comisión xeral de codificación. En 1971 exerceu como procurador familiar en representación da provincia de Pontevedra e en 1972...

    VER O DETALLE DO TERMO