"Cabe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 151.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores ou paraugueiros, que corresponde á voz ‘acabar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Santander, Colombia, na beira dereita do río Magdalena (180.653 h [1995]). É o primeiro centro produtor de petróleo de Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Está especializado na adaptación de novelas ao cine como La plaça del Diamant (A praza do diamante, 1981) e Réquiem por un campesino español (1985). Recibiu o Premio de Cinematografía da Generalitat de Catalunya polo seu filme Sinatra (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestre e pedagogo. Desenvolveu o seu labor profesional entre Santiago de Compostela e Madrid. Publicou Cartas y poesías inéditas de Gabriel y Galán (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Sil pola dereita. Nace a 960 m de altitude na parroquia de Foilebar, no concello do Incio. Adopta unha dirección NL-SO, que mantén durante todo o seu curso. Atravesa os concellos do Incio, A Pobra de Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, Sober e Pantón. Desemboca a 159 m de altitude, logo dun percorrido de 53 km, no lugar da Barca, no límite entre as parroquias (e concellos) de Frontón (Pantón), Anllo (Sober) e Santo Estevo de Ribas do Sil (Nogueira de Ramuín), aínda que non baña esta última parroquia. O seu réxime é pluvial, acadando o seu máximo caudal entre os meses de decembro e abril (no mes de febreiro acada os 23,16 m3/s), e acusando os efectos da estiaxe no mes de setembro (no que o caudal descende ata só 1,85m3/s). Ao final, chega ao Sil un caudal medio ao longo do ano de 9,5 m3/s. Artellador da rede fluvial da Terra de Lemos, depresión situada entre os cursos do Miño e do Sil, atravesa a cidade de Monforte de Lemos. Entre os seus...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en Monforte de Lemos despois de 1875, que desapareceu en xaneiro de 1886. De tendencia republicana, continuou a editarse co nome de El Valle de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer movementos coa cabeza.

    2. Mover a cabeza para adiante e para atrás ou para os lados de forma involuntaria, cando se está adurmiñado e a cabeza non está apoiada.

    3. Realizar movementos coa cabeza para afirmar ou negar algo.

    4. Caer cara a un lado algo que debería permanecer inmóbil, en equilibrio.

    5. Alzar e baixar alternativamente a proa e a popa dun barco, que provoca un movemento lonxitudinal cando a proa cae sobre as ondas do mar, volvendo a levantarse cun lixeiro balanceo máis ou menos regular. En comparación co movemento de balanceo os espacios de tempo nos que se produce o cabeceo son bastante máis curtos; do mesmo xeito, as cabezadas son máis violentas ca o balanceo, tanto por ese período máis curto no que se producen como tamén porque as velas non amortecen ese movemento.

    6. Estremar unha leira con outra pola parte da cabeceira.

    7. Xogar co balón dándolle toques coa cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte superior da cama que se corresponde coa colocación da cabeza e da almofada.

    2. Saco de tea ou coiro de forma rectangular cheo de la, espuma ou outros materiais sobre o que se apoia a cabeza, os pés ou outras partes do corpo.

    3. Lugar destacado onde se coloca o máis importante.

    4. Extremo superior dunha leira situado na parte máis alta.

    5. Núcleo de poboación onde se localizan as delegacións das administracións e servicios públicos para un territorio determinado.

    6. Parte dunha igrexa que se estende desde o extremo posterior, con ou sen ábsida, ata a colocación normal do cruceiro; xeralmente está centrada no altar maior.

      1. Nota preliminar coa que se encabeza un escrito.

      2. Nome ou título dunha persoa, corporación, entidade, empresa comercial, etc, xeralmente acompañado do enderezo e doutras indicacións, impreso na parte superior dun documento.

      3. Ornamento que se pon ao comezo dunha páxina, dun capítulo, etc.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saco cheo de la, espuma ou outros materiais para apoiar a cabeza na cama.

    2. Corda que se lles pon na cabeza ás bestas para atalas, suxeitalas ou conducilas.

    3. Parte superior dunha leira que se labra en sentido transversal ao final, porque é necesaria para poder achegar os regos do arado o máis próximo á cima.

      1. Madeiro ou elemento superior no marco dunha fiestra ou ventá.

      2. Lintel de madeira.

    4. Parte extrema da rede que teñen os aparellos dalgunhas artes de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cabecear.

    2. Movemento dunha aeronave ao redor do seu eixe transversal.

    3. Práctica consistente en harmonizar as características dun viño mediante a súa mestura con outro caldo de calidades complementarias, previo ao seu embotellado, e que se realiza no caso dos viños xenerosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pao longo e delgado que, unha vez queimado, servía para alumar na casa.

    2. Tizón acendido que se empregaba para levar lume dun lugar a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural do Carballiño. As súas armas levan, sobre campo de azul, un cabeco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe antiga que se remonta ao s V, natural de Betanzos. As súas armas levan, sobre campo de azul, un caudillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno monte de area que se forma nas costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ortigueira. As súas armas levan escudo, con ondas de azul e prata, e cabedelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arbo baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Re-dondela baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante gráfica do apelido Caveiro.

    2. Liñaxe que leva por armas: en campo de sinople, un monte da mesma cor, perfilado de ouro e sumado dunha flor de lis tamén de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado no cabo ou no extremo.

      1. Tipo de dente que se presenta na dentadura heterodonta dos mamíferos e que se caracteriza pola súa forma cónica, coa coroa acabada nunha punta, e por ter unha soa raíz. Colocados entre os dentes incisivos e os premolares en número dun ou ningún por hemimandíbula, serven para desgarrar os alimentos; en determinados mamíferos de presa, como por exemplo nos carnívoros, son utilizados como arma de ataque; noutros, como os xabaríns, teñen unha función de defensa.

      2. Dentes que destacan do resto das pezas da dentición polo seu maior tamaño, como os incisivos dos elefantes ou os inoculadores de veleno das serpes velenosas.

    2. Molusco da clase dos escafópodos, de simetría bilateral e de cuncha tubular, aberta polos dous extremos e de cor xeralmente branca ou marela. En Galicia os cabeiros máis comúns pertencen ao xénero Dentalium.

    3. Moa do xuízo.

    4. Parte do intestino groso próxima ao recto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nas representacións heráldicas, aplícase á cabeza dunha persoa que ten os cabelos dun esmalte diferente aos comúns.

    VER O DETALLE DO TERMO