"Calde" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 91.
-
-
-
Presidente do concello, da comisión de goberno e xefe da administración municipal en funcións executivas. Corresponden ao alcalde todas as facultades de goberno e administración do municipio non reservadas expresamente ao concello en pleno ou á comisión de goberno, e as que esta delega nel.
-
alcalde de barrio Persoa nomeada polo alcalde que nas zonas periféricas ou afastadas do núcleo urbano o representa; adoito nun poboamento concentrado, no que o alcalde de barrio exerce as súas funcións como delegado administrativo local. Actualmente as súas funcións son asumidas polas xuntas de distrito.
-
alcalde pedáneo Alcalde que preside unha entidade local menor, designado entre os seus rexedores polo alcalde do concello do que esta entidade forma parte. Ten as competencias que corresponden a un alcalde, limitadas ao territorio da entidade local menor.
-
tenente de alcalde Rexedor do concello, nomeado polo alcalde para exercer funcións delegadas, ben en relación con determinados servicios, ben nunha parte do territorio municipal. Son nomeados entre os membros da comisión de goberno, se a hai, ou entre os rexedores, segundo unha orde xerárquica e correlativa de acordo coa que substitúen o alcalde nos casos de ausencia, enfermidade ou calquera outro impedimento.
-
-
-
A denominación de alcalde comeza a constar documentalmente a finais do s XI, ao longo do s XII convive coa latina xuíz, ambas distribuídas entre os varios tipos de funcionarios municipais. Semella estar inspirada nos cadis (al qadi) dos consellos das entidades de poboación árabes. Durante a Idade Media identifícase co xuíz ou “xustiza” por exercer funcións de xudicatura en determinadas vilas, aínda que, polo xeral, non era máis ca un xuíz con carácter especial; paulatinamente aumentou as súas competencias municipais, mais cómpre lembrar que no s XVII cando se publicou O Alcalde de Zalamea, o funcionario mantén características esenciais das súas primitivas funcións. A finais da Idade Media os xuíces ordinarios nas vilas eran os alcaldes, ao tempo que individuos dos concellos. Durante a Idade Moderna, xa a partir de mediados do s XV, os rexedores municipais das cidades episcopais presentaban ao bispo os candidatos a alcalde ordinarios,...
-
Alcalde da Irmandade Durante a Segunda Guerra Irmandiña, encargado da dirección dos irmandiños no ámbito local. Cun grupo de cuadrilleiros ao seu mando, tiña a función de manter contacto directo cos participantes nas distintas poboacións, comunicando e facendo cumprir as ordes dos capitáns e dos deputados da Irmandade. No rural, nomeábase un alcalde coa súa cuadrilla por cada dúas ou tres freguesías, ou, segundo outras fontes, por cada catro ou cinco, sendo o máis seguro que estivese en proporción co número de habitantes.
-
alcalde do mar
-
Alcalde Maior meiriño.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza dramática de Calderón de la Barca, publicada no ano 1651, aínda que escrita seguramente máis de dous anos antes, que ten como precedente directo a obra menor do mesmo título e tema, de Lope de Vega, inspirada nun feito real. Partindo do tema da honra, opón os dereitos da persoa ás convencións establecidas pola lei. O capitán Álvaro de Ataide rapta e forza a filla do rico plebeo Pedro Crespo, que, nomeado alcalde, axustiza ao capitán, que se negaba a casar con ela.
-
-
Muller que exerce o cargo de alcalde.
-
Muller do alcalde.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición do xefe da Igrexa Siríaca Oriental unida a Roma, chamada caldea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición do xefe da Igrexa Siríaca Oriental unida a Roma, chamada caldea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia homónima, concello de Tui, o primeiro testemuño escrito da existencia desde balneario data do s XVII; en 1880 inaugurouse oficialmente e no ano 1928 foi declarado de Utilidade Pública. En 1992 construíuse un hotel novo engadido ao vello, que data de mediados do s XVIII.
-
PERSOEIRO
Escritor. Exerceu como diplomático e como director de El Tiempo (1939-1943). Cultivou a novela con títulos como El Cristo de espaldas (1952), Siervo sin tierra (1954) e Caín (1969), o conto en obras como El nuevo príncipe (1969) e El almirante niño (1972), e o ensaio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que se lle daba antigamente, antes do desciframento da escritura cuneiforme sumeria, ao país de Sumer, na Baixa Mesopotamia.
-
-
-
Pór quente un local ou estancia.
-
Elevar a temperatura de algo, especialmente dun forno.
-
-
Quentar o ferro ata poñelo candente, para así forxalo ou sometelo a algún tratamento.
-
Avivar os ánimos dunha persoa.
-
Poñerse quente unha cousa.
-
Aumentar de temperatura unha cousa.
-
Volverse un ambiente tenso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar a raba ao mar, na arte de pescar con ela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo húmido, formado por pequenas lagoas, marismas e carrizais, orixinado pola acción da dinámica litoral sobre a desembocadura do río Valdebois, no extremo setentrional da praia de Carnota, no lugar de Caldebarcos da parroquia de San Mamede de Carnota, pertencente ao concello de Carnota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segmento máis setentrional da praia de Carnota, situada no lugar de Caldebarcos da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota, que pecha polo N a praia de Carnota.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Recipiente de metal con asas, grande e de forma redonda, empregado para quentar líquidos ou cociñar alimentos.
-
Recipiente ou sistema de tubos, empregados para quentar de maneira continua auga, ou outro fluído, por medio do lume. Segundo o combustible, as caldeiras poden ser de gas, de combustible líquido, xeralmente de aceites pesados, ou de combustible sólido, principalmente carbón. Nas de carbón, o lume faise nun fogón, e nas de gas e de aceites pesados, a mestura inflamable, con aire, producida nun queimador, condúcese a unha cámara de combustión. A chama de ambos os dous actúa directamente sobre a base do recipiente que contén o líquido que se quere quentar; no percorrido dos gases cara á cheminea búscase o contacto cos tubos por onde circula o líquido ou o vapor. Nas caldeiras modernas de combustible líquido ou gasoso, ou de carbón en po, o fluído que se pretende quentar pasa por un feixe de tubos paralelos e horizontais envoltos polos fumes quentes da combustión (caldeira de tubos de fume), ou circula por un serpentín sobre o que se proxecta a chama do queimador (caldeira de tubos...
-
Parte inferior máis voluminosa do alambique no que se introduce o bagazo para obter a augardente por destilación.
-
Buraco circular que se abre ao pé das árbores para recoller a auga coa que se regan.
-
Cráter de explosión de orixe volcánica, xeralmente cun diámetro de grandes dimensións, de forma máis ou menos elíptica ou circular, e con paredes abruptas e fondos case planos, como, por exemplo, a caldeira do volcán xaponés Aso-San con 17x25 Km.
-
-
-
Canle que conduce a auga de regadío.
-
Conduto do muíño que leva a auga ao rodicio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega oriúnda de Portugal, do que tamén existe a forma Caldera. Estendeuse a Castela, Andalucía e Extremadura. Unha rama pasou a Chile. As súas armas levan, en campo de puro, unha caldeira de sable. Algúns ostentan, en campo de sinople, dúas caldeiras de ouro, postas en pao; bordo de prata con oito caldeiras de sable. Os de Castela traen, en campo de ouro, dúas caldeiras de sable postas en pao; bordo axadrezado de azul e prata en dúas ordes. Algúns de Portugal empregan, en campo de prata, tres estrelas de azul postas en situación de banda, e outros, en campo de azul, unha banda de prata cargada de tres caldeiras de sable e acompañada de dúas flores de lis de ouro, unha no alto e a outra no baixo. Os de Chile levan, en campo de prata, dúas caldeiras de sable, faixadas de ouro, unha sobre a outra; bordo de azul con oito aspas de ouro.
-
-
Guiso mariñeiro que habitualmente combina patacas cocidas, especialmente na auga do mar, e peixes, preferentemente graxos. Acostuma acompañarse cunha allada de cebola, pemento doce ou picante, allo e, ás veces, vinagre. Esta comida facíase a bordo das embarcacións pesqueiras e na praia.
-
O que está cociñado nunha caldeira.
-
Comida para o gando preparada con patacas cocidas, verzas, nabos e outros alimentos.
-
Comida mal preparada.
-
-
-
de caldeirar.
-
Comida preparada para os porcos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abrir regos nun prado para que se poida distribuír a auga.