alcalde de Zalamea, El

alcalde de Zalamea, El

Peza dramática de Calderón de la Barca, publicada no ano 1651, aínda que escrita seguramente máis de dous anos antes, que ten como precedente directo a obra menor do mesmo título e tema, de Lope de Vega, inspirada nun feito real. Partindo do tema da honra, opón os dereitos da persoa ás convencións establecidas pola lei. O capitán Álvaro de Ataide rapta e forza a filla do rico plebeo Pedro Crespo, que, nomeado alcalde, axustiza ao capitán, que se negaba a casar con ela.

Palabras veciñas

Alcalatén, l’ | alcaldada | alcalde | alcalde de Zalamea, El | alcaldesa | alcaldía | alcalescencia