Alcalatén, l’

Alcalatén, l’

Comarca da Comunitat Valenciana (649 km2). Está situada ao S do Alto Maestrazgo e ao L do límite con Aragón. No NO destaca o conxunto montañoso de Peñagolosa (1.813 m), máxima altura da Comunitat Valenciana. Bosques de piñeiro e aciñeiras. Cultivo de secaño (árbores froiteiras, oliveiras e cereais). Produción de azulexos, minerais, madeira e mobles.