Alcalá Navarro, Xavier

Alcalá Navarro, Xavier

Escritor e enxeñeiro de telecomunicacións. Trasladouse a Galicia na súa nenez. Fundou a empresa GAELICO. Destacan as súas colaboracións en distintos xornais e revistas dende 1971 (El Ideal Gallego, Faro de Vigo, O Correo Galego, El Correo Gallego, El Mundo,Teima, Economía Gallega e Luzes de Galicia). En 1972 publica Voltar. Seis personaxes e un fado, libro de relatos, e en 1978 A fundición (Premio Pedrón de Ouro de relato, 1978). A partir de aquí aumenta a súa producción literaria no eido da narrativa curta: O Larvisión (Premio Francisco Lanza, 1981); O Larvisión e outros relatos (1984); Los Ángeles Flash (1989); Far South (1991); Contos das Américas (1992); Contos do Impaís (1992); Sucinto informe (1992); (Relación de feitos de sangue (Premio Manuel Murguía, 1994); Hotel Damasco (Premio Concello de Vilalba, 1995). A súa primeira novela é A Ínsua (1978) e dous anos máis tarde publica A Nosa Cinza, novela que se convertirá nun dos títulos máis lidos na literatura galega contemporánea e que representa a toda unha xeración de posguerra. En 1980 recibe os Premios Cidade da Coruña e Crítica Española pola novela Fábula, ambientada na Guerra Civil española. Trata o tema da Pampa arxentina e da emigración dos galegos en Nos Pagos de Huinca Loo (1992). Continúa a súa andaina novelística con Tertulia (1985); Fumes de papel (1988); Cárcere verde (1990); Latitude austral (1991); Código morse (1996) e Alén da desventura (1988). Cultiva tamén a narrativa de viaxes cos títulos Arxentina (1990); Viaxes no país de Elal (1992); La Habana flash (1998) e a traducción A illa do tesouro (1984) e Un estudio en escarlata (1986). Como ensaísta publicou A galeguidade empresarial (1996) e Discurso do novo século (1996). En colaboración publicou O Galego Hoxe (1978), método de aprendizaxe da lingua galega, reeditado numerosas veces.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Miguelturra, Ciudad Real