"Calderón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 23.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Exerceu como diplomático e como director de El Tiempo (1939-1943). Cultivou a novela con títulos como El Cristo de espaldas (1952), Siervo sin tierra (1954) e Caín (1969), o conto   en obras como El nuevo príncipe (1969) e El almirante niño (1972), e o ensaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe castelá que se estendeu por Cantabria, León, Castela, Andalucía, Extremadura, Perú e Arxentina. En Galicia esta caste asentouse en Verín, Padrón, Santa María de Pesqueiras, concello de Chantada, e en Castroverde. A esta familia estiveron vinculados os títulos de marqueses de Siete Iglesias, de Casa Calderón, de Algara de Gres, de Reinosa, os de condes da Oliva, de San Juan e de Villanueva de la Barca. Membros desta estirpe ingresaron nas ordes militares de Santiago, Calatrava, Alcántara e San Xoán de Xerusalén. As súas armas levan, en campo de prata, cinco caldeiros de sable, postos en aspa; bordo de goles, con oito aspas de ouro. Outros traen, en campo de ouro, cinco caldeiros de sable, postos en aspa con cadansúa bandeira de goles. Algúns heraldistas recollen para a rama galega outras dúas variantes: en campo de ouro, dous caldeiros de sable postos en pau e bordo de goles con oito aspas de ouro; en campo de azul, un caldeiro axadrezado de ouro e goles, e bordo tamén axadrezado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Estudiou filosofía e letras na Universidad de Madrid e foi profesor da Institución Libre de Enseñanza de Madrid. Foi redactor de varios xornais republicanos, dirixiu La Justicia dende a súa fundación ata 1888 e publicou 23 artigos no BILE. Posteriormente recompiláronse algúns dos seus artigos que se publicaron cos títulos de A punta de pluma e De mis campañas y Nonadas. Tamén publicou, entre outras obras, Movimiento novísimo de la filosofía natural en España (1879) e Lecciones sumarias de psicología, en colaboración con Giner de los Ríos e Soler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e mineraloxista, asinaba as súa obras como Laureano. Logo de estudar farmacia na Universidad de Madrid, o 28 de maio de 1874 foi nomeado catedrático de Farmacia Químico-Orgánica na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi discípulo de Giner de los Ríos e un dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza. En Santiago de Compostela, xunto con Augusto González Linares, constituíu a cerna do grupo krausista na universidade. En 1875 foi apartado da cátedra como consecuencia da defensa que realizou da evolución e da divulgación das teorías evolutivas na cidade de Santiago de Compostela. Ao negarse a cumprir o decreto do ministro Orovio e defender a liberdade de cátedra, foi encarcerado no castelo de Santo Antón da Coruña. Unha vez liberado emigrou a París e despois a Estrasburgo, onde seguiu os cursos dos químicos Berthelot, Claude Barnard Groth e Hope-Seyler. En 1881, coa derrogación da circular de Orovio, Laureano volveu a España e, no 1888, ocupou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista. En 1874 gañou a cátedra de Historia Natural do Instituto de Las Palmas, pero con motivo do decreto de Orovio de 1875 foi suspendido de emprego e soldo. Regresou á Península e foi un dos membros fundadores da Institución Libre de Enseñanza, na que colaborou con 48 artigos. No 1877 trasladouse ás universidades de Xenebra, Viena, Múnic e París para ampliar coñecementos. En 1887 gañou a cátedra de Historia Natural na Universidad de Sevilla e en 1895 a de Mineraloxía na Universidad de Madrid. Os seus traballos máis importantes son de xeoloxía e publicou, entre outras obras: Enumeración de los vertebrados fósiles en España (1877), La evolución terrestre (1881) e Los minerales de España (1910), onde dedica especial atención aos xacementos de minerais en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Estudiou cos xesuítas en Madrid e nas universidades de Alcalá de Henares e Salamanca. Serviu como soldado en Flandres e Lombardía e participou na campaña contra os segadores cataláns. En 1651 ordenouse sacerdote e desempeñou varios cargos eclesiásticos, sendo nomeado capelán maior da Congregación de Presbíteros Naturales de Madrid (1666). Considérase, xunto con Lope de Vega, a figura máis importante do teatro español do século XVII. A crítica recoñeceu dúas direccións na súa produción dramática: por unha banda sitúanse as pezas que responden ao modelo de comedia divulgada por Lope de Vega, con trazos distintivos como a concisión, o enriquecemento técnico ou a simplificación da trama. Pola outra, aquelas obras consideradas paradigma do sistema estético barroco, debido á asimilación da gravidade reflexiva que se espallou a partir da ideoloxía da Contrarreforma. A súa extensa obra clasifícase en distintos xéneros. Na liña de Lope, escribiu comedias de capa e espada (Casa con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Formado en dereito, participou dende moi novo na vida política costarriqueña, a pesar de ter nacido en Nicaragua, onde seu pai, Rafael Ángel Calderón Guardia, estaba exiliado. Fundador do Partido Social Cristiano, foi ministro de Asuntos Exteriores e membro do Consello de Seguridade Social entre 1978 e 1982. Presentouse ás eleccións presidenciais en 1982 e 1986, sen embargo, só chegaría a ocupar este cargo entre 1990 e 1994. A súa política caracterizábase por potenciar as privatizacións sen esquecer as melloras de carácter social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Líder do Partido Republicano Nacional (PRN), foi deputado e presidente da Cámara ata ser elixido en 1940 presidente da República. Durante o seu mandato, que se prolongou ata 1944, declarou a guerra aos países do Eixe. En 1948 o seu partido perdeu as eleccións presidenciais, mais ao ter a maioría no Parlamento as eleccións foron declaradas nulas, co que se iniciou unha guerra civil. En 1949 viuse obrigado a exiliarse a Nicaragua, desde onde dirixiu numerosos intentos de golpe de estado. Regresou ao seu país en 1958, cando foi elixido deputado polo Partido Republicano Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político salvadoreño. Doutorado en Xurisprudencia e Ciencias Sociais pola Universidad de El Salvador fundou, en 1981, o partido Alianza Republicana Nacional (ARENA). Deputado na Asamblea lexislativa en 1985, alcalde da cidade de San Salvador entre 1988 e 1994, chegou á presidencia da República no ano 1994, nas primeiras eleccións libres que se produciron en El Salvador tras doce anos de Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia fundada por Saturnino Calderón y Collantes , quen casou con Petra Herce Varela, da casa de Figueras de San Pedro de Folladela (Melide), unha importante casa galega con numerosos intereses e propiedades nas catro provincias e que contaba entre os seus membros con comerciantes, rexedores e marqueses. Este casamento permitiulle a Saturnino Calderón y Collantes colocar o seu irmán, Fernando Calderón y Collantes, como deputado polo distrito de Celanova, outra das áreas de influencia dos Herce. Da unión con Petra Herce Varela naceron dous fillos: Manuel Calderón y Collantes Herce e Pedro Calderón y Collantes Herce, herdeiros do posto de deputado por Ordes o primeiro e por Celanova o segundo. En 1875, o Rei Afonso XII concedeu o marquesado de Algara de Gres (Lalín) a Manuel Calderón y Collantes Herce en atención aos méritos do seu pai. Non obstante , a morte sen descendencia deste converteu o seu sobriño Pedro Calderón Ceruelo en segundo marqués de Algara de Gres, quen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político conservador. Foi deputado polo distrito de Celanova, senador vitalicio, ministro de Gracia e Xustiza no goberno de O’Donnell (1865) e presidente do Tribunal Supremo de Xustiza. Foi membro da Academia de Ciencias Morales dende 1871 cun discurso sobre El derecho del estado para castigar y la legitimidad de la pena de muerte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político moderado. Foi deputado polo distrito de Ordes, procurador en Cortes, senador vitalicio e ministro da Gobernación durante o réxime moderado do xeneral Narváez (1843-1854), cargo no que se mostrou como un hábil diplomático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político colombiano. Maxistrado do Tribunal de Boyacá, director de Instrución Pública e deputado na Asamblea por esta rexión. Maxistrado da Corte Suprema, secretario de goberno e de relacións exteriores. Entre 1904 e 1906 ocupou o ministerio de Asuntos Exteriores para máis tarde ser cónsul xeral de Colombia en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actriz castelá. Coñecida co alcume de La Calderona, xa aparece mencionada nos documentos dende o ano 1623.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi o home de confianza do duque de Lerma desde 1598. Obtivo diversos cargos na corte e acadou unha gran fortuna. Entre 1612-1614 foi embaixador extraordinario nos Países Baixos. Filipe III fíxoo conde de Oliva e marqués de Siete Iglesias. Non obstante , ao caer Lerma (1618) foi encarcerado, acusado de diversos crimes e de corrupción administrativa, e finalmente executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é característico de Pedro Calderón de la Barca.

    2. Que se asemella aos temas ou estilo das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi lector na Universidade de Toulouse e exerceu a docencia e a crítica literaria. Colaborador en numerosas publicacións (Cuadernos de Literatura, Arte Español, Revista de Occidente), foi articulista do ABC, redactor-xefe de El Pueblo Gallego, dirixiu a revista Ronsel e codirixiu Transit. Estudiou a Baltasar Gracián e publicou as súas Obras completas en 1944. Da súa produción prosística destaca Luar (1923), que inclúe os “tres contos galaicos”: “Romaxe”, “A perdida” e “Gárgolas”, posteriormente incluídos en La noche céltica (1955); El milagro y la rosa (1924); Conceición singela do Ceo (1925); Notas para un magisterio idealista (1926); Margarida a da sorrisa de aurora (1927); Índice de utopías gallegas (1929); e Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas (1959)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Dereito, exerceu como director do xornal Vanguardia Gallega e do semanario infantil El Ideal. Publicou Treinta poemas en prosa para los treinta días del mes de abril (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Formado en Leis e Humanidades na Universidad de Granada, foi catédratico de grego nesta universidade (1819) antes de trasladarse en 1822 a Málaga para exercer como profesor de retórica no seminario. Seguidor dos liberais, viuse obrigado a fuxir a Xibraltar en 1824. Foi nomeado profesor de árabe do Ateneo de Madrid (1837) e fundou en Sevilla o Museo de Escultura e Pintura e a Biblioteca Provincial (1838). Elixido deputado por Ourense (1844-1846), foi ministro togado do Tribunal Supremo de Guerra e Mariña (1847). Desde 1849 foi auditor do exército español destinado a Italia co fin de defender os Estados Pontificios, e desde 1853, senador vitalicio. Asinou os seus escritos costumistas co pseudónimo de El Solitario, e os seus artigos -publicados dende 1830 no Correo Literario y Mercantil e dende 1831 na revista Cartas Españolas (que fundou xunto con Mesonero Romanos)- compiláronse baixo o título Escenas andaluzas (1847). Ademais, publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Representante da facción puritana do Partido Moderado, foi ministro de Estado (1854 e 1864) e presidiu o Consello de Ministros (1847). Colaborou na redacción do código penal de 1848 e defendeu a propiedade eclesiástica en contra da desamortización. Escribiu Estudios de legislación y jurisprudencia (1834), Discurso sobre la dotación del culto y el clero, Historia de las Cortes de 1837 (1839) Estudios de Derecho Penal (1842-1843), El código penal concordado y comentado (1848) e Comentarios a las leyes de desvinculación (1849). Tamén publicou as pezas dramáticas Alfredo (1835) e Los infantes de Lara (1836).

    VER O DETALLE DO TERMO