Estébanez Calderón, Serafín
Escritor e político. Formado en Leis e Humanidades na Universidad de Granada, foi catédratico de grego nesta universidade (1819) antes de trasladarse en 1822 a Málaga para exercer como profesor de retórica no seminario. Seguidor dos liberais, viuse obrigado a fuxir a Xibraltar en 1824. Foi nomeado profesor de árabe do Ateneo de Madrid (1837) e fundou en Sevilla o Museo de Escultura e Pintura e a Biblioteca Provincial (1838). Elixido deputado por Ourense (1844-1846), foi ministro togado do Tribunal Supremo de Guerra e Mariña (1847). Desde 1849 foi auditor do exército español destinado a Italia co fin de defender os Estados Pontificios, e desde 1853, senador vitalicio. Asinou os seus escritos costumistas co pseudónimo de El Solitario, e os seus artigos -publicados dende 1830 no Correo Literario y Mercantil e dende 1831 na revista Cartas Españolas (que fundou xunto con Mesonero Romanos)- compiláronse baixo o título Escenas andaluzas (1847). Ademais, publicou Poesías (1831) e a novela histórica Cristianos y moriscos (1838).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Málaga -
Deceso
Lugar : Madrid