"California" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PENÍNSULAS

    Península de México, na costa occidental, comprendida entre o océano Pacífico e o golfo de California. Ten unha forma alongada (1.100 km) e estreita (uns 100 km de largura media). O golfo de California foi explorado primeiramente por Francisco de Ulloa (1539-1540). A península está dividida administrativamente entre a Baixa California Norte e a Baixa California Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federado de México, situado na península da Baixa California (69.921 km2; 2.112.140 h [1995]). A capital é Mexicali. Está formada por unha longa chaira costeira e aliñacións montañosas, continuación das serras americanas. O río máis importante é o Colorado, ao N, que aproveitan conxuntamente os EE UU e México para usos agrícolas. Cidades importantes son Tijuana e Ensenada, porto á beira do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federado de México, situado na península de Baixa California (73.475 km2; 375.494 h [1995]). A capital é La Paz (137.641h [1990]). Está formada por unha longa e larga chaira litoral e aliñacións montañosas como a Sierra de la Giganta. A actividade máis importante é a agricultura, debido aos proxectos de irrigación que aproveitan as augas subterráneas, seguida da pesca e da gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de laranxa pertencente ao grupo das Washington Navel. É grosa, redonda e umbilicada, coa pel grosa e a polpa doce e con moito zume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de América do Norte, na costa do Pacífico, que se estende dende o paralelo 42°, ao N, ata o cabo de San Lucas, ao S. Está dividida entre o estado de California (EE UU) ao N, o estado da Baixa California Norte (México) e o da Baixa California Sur (México), no sector peninsular. O territorio de California foi explorado polos casteláns a partir da expedición de Diego Hurtado de Mendoza (1532) e da de Diego Becerra (1533). En 1534 foi atribuída ao vicerreinado de Nova España, dende onde continuaran as expedicións: Hernán Cortés e Hernando de Grijalva (1535), Francisco de Ulloa (1539) e Rodríguez Cabrillo e Bartolomé Ferrelo, que no 1542 descubriron a Alta California. Foron os xesuítas os que iniciaron a colonización da Baixa California a finais do s XVII coa fundación de catorce misións; sen embargo, trala súa expulsión dos territorios da Coroa Española en 1767, esas misións pasaron a mans dos franciscanos, que en 1772 llelas cederon aos dominicanos antes de xuntarse cos outros franciscanos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado dos EE UU, á beira do Océano do Pacífico, o terceiro en extensión e o primeiro en poboación (411.049 km2; 32.268.301 h [estim 1997]). A capital é Sacramento (376.243 h [1996]).
    Xeografía
    Esténdese dende Sierra Nevada ata o Pacífico, está en contacto con tres unidades físicas do país: Sierra Nevada, barreira climática que separa o estado do deserto, o Great Valley, formado polos vales de Sacramento e de San Joaquín, e a cordilleira litoral de Coast Rangers, de formación e dobramentos recentes, cunha gran cantidade de fracturas, como a que forma a baía de San Francisco. Forman o resto do estado os desertos de Mohave e Colorado, no que destaca o Death Valley (86 m baixo o nivel do mar), o punto máis baixo do continente. O clima é mediterráneo, con temperaturas suaves todo o ano, cunha estación seca e outra húmida. A rede fluvial redúcese á do Great Valley, cos ríos lonxitudinais de Sacramento e San Joaquín; o SL, no límite con Arizona, está drenado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente mariña fría do Pacífico oriental que circula en dirección N-S bordeando as costas de California (EE UU), xeralmente acompañada de remuíños de vento e de bruma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo do Océano Pacífico, en México, entre os estados de Sonora e Sinaloa ao L, e a península da Baixa California ao O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Nome co que tamén se coñece a península da Baixa California.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a California ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de California.

    VER O DETALLE DO TERMO