Baixa California Norte

Baixa California Norte

Estado federado de México, situado na península da Baixa California (69.921 km2; 2.112.140 h [1995]). A capital é Mexicali. Está formada por unha longa chaira costeira e aliñacións montañosas, continuación das serras americanas. O río máis importante é o Colorado, ao N, que aproveitan conxuntamente os EE UU e México para usos agrícolas. Cidades importantes son Tijuana e Ensenada, porto á beira do Pacífico.

Palabras veciñas

Baixa | Baixa Austria | Baixa California | Baixa California Norte | Baixa California Sur | Baixa Limia | Baixa Limia