"Calp" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • PERSOEIRO

    Político romano. Tribuno da plebe (121 a C) e cónsul (111 a C). Dirixiu a expedición contra Iugurta, Rei de Numidia, pero acabou pactando con el polo que foi condenado ao desterro (110 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana, no litoral mediterráneo e no extremo NL das cordilleiras Béticas (14.216 h [1996]). Cómpre destacar a importancia medioambiental do rochedo de Ifach (328 m) que foi declarado Parque Natural en 1987. A actividade económica tradicional é a pesca. A produción agrícola, case toda de secaño, céntrase nas amendoeiras, nos ervellos de Ceratonia e na viña. O turismo converteuse na actividade máis importante, o 69% da poboación traballa no sector terciario, e provocou un gran crecemento demográfico. Na época romana tivo certa importancia, e atopáronse moedas de Nerón e doutros emperadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñeceu na Antigüidade a Punta de Europa (Xibraltar), unha das Columnas de Hércules.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía Anónima de Librería, Publicaciones y Ediciones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia (gens) romana. Os seus membros desenvolveron importantes cargos políticos dende os ss II a C ao II d C. Unha rama desta familia adoptou o sobrenome de Pisón. Calpurnia, filla de Lucio Calpurnio Pisón, casou con Xulio César no 59 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei aprobada no 149 a C a proposta do tribuno L. Calpurnio Pisón. Instituía con carácter permanente un tribunal composto obrigatoriamente por senadores para xulgar casos de extorsión e malversación de fondos nas provincias. Foi a primeira dunha serie de leis que regulaban os procesos de consunción e que logo perderon o seu carácter de protección contra a deficiente administración, para converterse nunha plataforma de loita política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei aprobada baixo o mandato do cónsul L. Xulio César no ano 90 a C durante a Guerra dos Aliados. Formaba parte dun conxunto de normas máis amplo sobre o acceso á cidadanía dos aliados, que se aprobaron durante este enfrontamento. Buscaba a deserción dos individuos das comunidades itálicas e latinas en loita e a súa integración na cidadanía romana. Mediante a Lei Calpurnia, entre o ano 90 e o 89 a C creáronse dúas novas tribos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Compuxo sete églogas nas que influíu decisivamente Virxilio e que fan alusión á vida coetánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coitelo pequeno, de folla delgada e aguzada, que serve para disecar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Barcelona en 1860 polos irmáns Josep e Pau Espasa i Anguera co nome de Espasa Germans. Inicialmente, ademais de El Mundo Ilustrado, a súa actividade centrouse en publicacións en catalán e así editou o Dicionari de la llengua catalana (1864-1865), de Labérnia, e a Gramàtica catalana, de Bofarull e Blanc. En 1905 comezou a edición da Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana, coñecida popularmente por Enciclopedia Espasa. A partir de 1908 continuaron o labor editorial os seus fillos Josep, Joan e Lluís Espasa i Escayola. En 1926, cando a Editorial Hijos de J. Espasa xa publicara 50 volumes da Enciclopedia Universal Ilustrada, produciuse a fusión con Calpe (Compañía Anónima de Librería y Publicaciones Españolas), fundada en 1911 en Madrid. Nese momento, converteuse nunha das principais editoriais de Europa, con proxección en Arxentina e México. Dende a súa constitución, Espasa-Calpe ten ao seu cargo a edición do Dicionario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista francés. É autor de adaptacións novelísticas da vida de Alexandre, como Cassandre (1642-1660), Cléopâtre (1647 -1658) e Faramong, que non chegou a rematar.

    VER O DETALLE DO TERMO