Calp

Calp

Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana, no litoral mediterráneo e no extremo NL das cordilleiras Béticas (14.216 h [1996]). Cómpre destacar a importancia medioambiental do rochedo de Ifach (328 m) que foi declarado Parque Natural en 1987. A actividade económica tradicional é a pesca. A produción agrícola, case toda de secaño, céntrase nas amendoeiras, nos ervellos de Ceratonia e na viña. O turismo converteuse na actividade máis importante, o 69% da poboación traballa no sector terciario, e provocou un gran crecemento demográfico. Na época romana tivo certa importancia, e atopáronse moedas de Nerón e doutros emperadores.