"Cambridge" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
CAPITAIS
Capital do condado de Cambridgeshire, en Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Cam (99.800 h [1986]). É sede da Cambridge University, unha das institucións académicas máis prestixiosas do mundo; de feito, a vida universitaria condiciona o aspecto físico da cidade. Ten numerosos xardíns e parques entre os que destaca o Xardín Botánico. Os principais edificios correspóndense cos colexios universitarios, como o King’s College, cunha igrexa de 1446, o Corpus Christi College (s XV) e o edificio do senado universitario (1772), entre outros. Formada ao redor dunha fortaleza (s XI) que gardaba a ponte sobre o Cam, obtivo carta de poboamento en 1201.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Massachusetts, EE UU, na área metropolitana de Boston, a beira do río Charles (95.802 h [1990]). Núcleo industrial (metalúrxico) e sede de ensino superior. Destaca pola súa importancia a Harvard University, fundada en 1936 co nome de New-Towne, que sería cambiado en 1638 polo actual en lembranza da cidade universitaria inglesa. A facultade comprende o Harvard College, a escola científica Lawrence e as escolas profesionais de dereito, teoloxía, medicina, odontoloxía, veterinaria e agricultura. Pertencen á universidade os museos de bioloxía, zooloxía, arqueoloxía e mineraloxía, amais dun xardín botánico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de ensino superior establecido en Cambridge (Inglaterra) e considerado como unha das universidades máis antigas e de máis prestixio de Europa. Formouse a partir de 1209. Baixo a influencia de Erasmo converteuse nun centro activo de difusión das ideas do Renacemento e nun importante núcleo reformista. A partir da mestría de Isaac Newton (1667-1701) adquiriu especial relevo o estudo das matemáticas, e xa no s XIX o das ciencias naturais e da física. A universidade recoñece dezaoito colexios (colleges) masculinos (entre eles, Peterhouse, fundado en 1284; o Corpus Christi College, 1352; o King’s College, 1441; e o Trinity College, 1546) e dous femininos, ademais de catro fundacións afiliadas. O goberno da universidade é autónomo: réxese a través do senado (formado polos masters), da regent house e do consello do senado.
-
DUCADOS
Título da casa real inglesa creado en 1706 para o futuro Xurxo I. Volveu á coroa en 1890 e converteuse en marquesado concedido ao príncipe Adolphus de Teck en 1917.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de filósofos británicos do s XX que constituíron parte do movemento coñecido como filosofía analítica. A súa obra caracterízase pola tendencia antimetafísica e antiidealista e pola análise lóxica da linguaxe, orientada á clasificación das cuestións máis ca á construción de sistemas. Entre os membros do grupo cómpre mencionar a Ludwig Wittgenstein, Bertrand Russell e George Edward Moore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de filósofos ingleses do s XVII, de tendencia relixiosa, no que primaba a moralidade máis ca o dogma e que trataba de conciliar a ética cristiá coa racionalidade filosófica e científica. Os representantes máis destacados foron Ralph Cudworth e Henry More.
-
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido, no SL do país, drenado polo río Ouse e o seu afluente Cam (3.409 km2; 693.900 h [estim 1995]). A capital é Cambridge.
VER O DETALLE DO TERMO