Cambridge
Cambridge
Capital do condado de Cambridgeshire, en Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Cam (99.800 h [1986]). É sede da Cambridge University, unha das institucións académicas máis prestixiosas do mundo; de feito, a vida universitaria condiciona o aspecto físico da cidade. Ten numerosos xardíns e parques entre os que destaca o Xardín Botánico. Os principais edificios correspóndense cos colexios universitarios, como o King’s College, cunha igrexa de 1446, o Corpus Christi College (s XV) e o edificio do senado universitario (1772), entre outros. Formada ao redor dunha fortaleza (s XI) que gardaba a ponte sobre o Cam, obtivo carta de poboamento en 1201.