"Canel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 30.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento empregado polos carpinteiros (xunto coa machembra, o rebaixador, o rebate, os cepillos de volta ou os cepillos de moldura, é dicir, o bocel, a media uña, a media cana, etc) para realizar traballos especiais, fundamentalmente adornos, no canto das táboas.
-
PERSOEIRO
Artista plástica. Estudou Arquitectura en Barcelona e Arte na Universidade de Iowa (1971). Deuse a coñecer entre os anos 1976 e 1979 con accións de carácter conceptual. En Nova York realizou vídeos, cine experimental, instalacións e montaxes, cunha especial preocupación pola manipulación da imaxe. Colaborou a miúdo con músicos. Ademais da súa actividade como creadora, Balcells impartiu cursos en diversos centros e universidades. É autora dunha ampla obra que lle valeu numerosos premios entre os que se atopan o Premio Visual Studies Workshop, Rochester, Nueva York, por From the Center (1982), a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (2009) ou o Premio a mejor artista da asociación Nacional MAV, Mujeres en las Artes Visuales (2010).
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe que leva como armas, escudo de prata xironado de seis pezas de azul. A casa de Canel da Fonsagrada campea outro brasón que trae un escudo cuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de prata, cun brazo vestido ao natural, movente do franco sinistro; segundo e terceiro cuartel, en campo de azul, cunha estrela de ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Óso da parte interna da perna situado entre o xeonllo e o pé.
-
Calquera dos ósos longos do brazo ou da perna.
-
Calquera dos ósos longos das ás dunha ave.
-
Parte anterior da perna entre o pé e o xeonllo.
-
-
Pernas moi delgadas.
-
Peza metálica ou doutro material arredor da que se enrola o fío, que vai disposta dentro da lanzadeira para formar a trama do tecido nunha máquina de coser ou nun tear. Preséntase en varios formatos, dependendo do tipo de fibra e do uso ao que se destina.
-
Cano de madeira polo que entra a auga no rodicio do muíño.
-
-
-
-
Cortiza parda e aromática da caneleira que se presenta en forma de tiras finas superpostas que se enrolan ao secar e forman a canela en rama. Comercialízanse os canotiños enteiros, en anacos ou en po. As máis apreciadas son as de Sri Lanka, Penang, Saigón e China. Amplamente utilizada en repostería e como condimento para peixes, polo, arroces e outros pratos, sobre todo na cociña árabe. Tamén se extrae destas codias un aceite esencial que se usa como saborizante. A esencia, rica en aldehido cinnámico, utilízase como tónico estomacal, carminativo e antiséptico, e tamén en perfumería.
-
canela branca
Cortiza da caneleira branca, aromática, de sabor picante e amargo que se emprega como especia e como estimulante estomacal e tónico.
-
canela da China
Cortiza aromática da caneleira da China, substitutiva da canela, menos suave e non tan apreciada coma esta.
-
canela en rama
Cortiza da caneleira aromática que se presenta en forma de canudos.
-
-
caneleira.
-
Que ten unha cor semellante á canela, entre amarela e parda.
-
Cousa exquisita e refinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe aragonesa que aparece documentada tamén coa forma Canelas. Estendida por Galicia e Asturias, leva como armas escudo axadrezado de ouro e azul.
-
-
Relativo ou pertencente ás caneláceas.
-
Planta da familia das caneláceas.
-
Familia da orde das laurais constituída por árbores tropicais, sobre todo de América. A especie máis importante é a caneleira branca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe recibido na canela.
-
PRAIAS
Praia do litoral meridional da península do Grove, na parroquia de San Vicente do Grove (concello do Grove), situada entre as puntas do Conchido e de Miranda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do extremo occidental da beira setentrional da ría de Ferrol, na parroquia de Doniños, concello de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia e punta da beira setentrional da ría de Pontevedra, no litoral da parroquia de Adina, concello de Sanxenxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘mexar’.
-
-
Árbore perennifolia de ata 9 m de altura, de follas ovadas, coriáceas, de cor verde escura, con flores amarelas, pequenas e numerosas. Orixinarias de China, Malaisia e Cochinchina, cultívase especialmente en países tropicais, particularmente en Sri Lanka e en terreos areosos con pouco humus. A cortiza dos troncos novos extráese en tiras que constitúen a canela.
-
Árbore de cortiza amarelenta, orixinaria das Antillas, Florida, e das Bahamas da que se extrae a canela branca.
-
Árbore grande, duns 15 m de altura, orixinaria das montañas de Indochina e cultivada no resto do sueste asiático da que se extrae a canela da China.
-
-
-
Utensilio que serve para enroscar o fío nas canelas.
-
-
Aparello no que se coloca a canela de fío que pasa a trama por enriba e por debaixo do urdido do tear.
-
Nas máquinas de coser, designa un utensilio semellante que pasaba o fío pola parte inferior co fin de formar as puntadas
-
-
Persoa encargada de encher as canelas.
-
Peza que protexe as canelas dos operarios ou dos xogadores dalgúns deportes.
-
-
PRAIAS
Praia da costa sudoccidental da península do Grove, na parroquia de San Vicente do Grove (concello do Grove).
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Pontevedra, no litoral da parroquia de Adina, ao S de Portonovo, no concello de Sanxenxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Camiño fondo e estreito entre elevacións do terreo.
-
Camiño ou rúa moi estreita entre casas ou valados.
-
Peza de madeira que está unida á moega por onde cae o gran á moa do muíño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga denominación do xénero Cinnamomum.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Estudiou dereito en Deusto e Valladolid e exerceu como cargo directivo en diversas empresas. De ideoloxía conservadora, en 1978 ingresou en Alianza Popular (desde 1989 Partido Popular). En 1983 chegou á presidencia da Comunidade Autónoma das Illes Balears con este partido. Revalidou o cargo en 1987, en 1991 e en 1995, pero tivo que dimitir acusado dun delito de suborno na construción do túnel de Sóller.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Carreiro estreito entre montañas ou elevacións do terreo.
-
Camiño moi estreito entre valos ou casas.
-