1 canela
(
-
s
f
[ANAT]
-
Óso da parte interna da perna situado entre o xeonllo e o pé.
Ex: Fracturou a canela e agora leva a perna escaiolada.
-
Calquera dos ósos longos do brazo ou da perna.
-
Calquera dos ósos longos das ás dunha ave.
-
Parte anterior da perna entre o pé e o xeonllo.
Ex: Leva saias curtas porque ten as canelas ben feitas.
-
-
s
f pl
Pernas moi delgadas.
Ex: Que canelas lle quedaron despois de dous meses de enfermidade!
-
s
f
Peza metálica ou doutro material arredor da que se enrola o fío, que vai disposta dentro da lanzadeira para formar a trama do tecido nunha máquina de coser ou nun tear. Preséntase en varios formatos, dependendo do tipo de fibra e do uso ao que se destina.
Ex: Cambiou o fío da canela para empezar a coser coa máquina.
Sinónimos: canelo. -
s
f
[ETN]
Cano de madeira polo que entra a auga no rodicio do muíño.
Frases feitas
-
Andar correndo a canela. Non estar quieto.
-
Andar en/ir de canelas. Andar coas pernas ao aire.
-
Dar sebo/darlle ás canelas. Escapar correndo.
-
Ir ás canelas de alguén. Bater nunha persoa.