Caneiros, Festa dos
Caneiros, Festa dos
Romaría tradicional da comarca de Betanzos, celebrada o 25 de agosto, que pecha as celebracións das festas de San Roque, as patronais da capital. Os participantes remontan o río Mandeo, en lanchas engalanadas para a ocasión, dende o porto betanceiro ata unha eira situada no límite entre os concellos de Cesuras e Betanzos, no lugar dos Caneiros, na que se fai a festa.