Caneiros, Festa dos

Caneiros, Festa dos

Romaría tradicional da comarca de Betanzos, celebrada o 25 de agosto, que pecha as celebracións das festas de San Roque, as patronais da capital. Os participantes remontan o río Mandeo, en lanchas engalanadas para a ocasión, dende o porto betanceiro ata unha eira situada no límite entre os concellos de Cesuras e Betanzos, no lugar dos Caneiros, na que se fai a festa.

Palabras veciñas

Caneiro | cañeiro -ra | Caneiro, Xosé Carlos | Caneiros, Festa dos | Canel | 1 canela | 2 canela