2 canela
(
-
[ALIM]
-
s
f
Cortiza parda e aromática da caneleira que se presenta en forma de tiras finas superpostas que se enrolan ao secar e forman a canela en rama. Comercialízanse os canotiños enteiros, en anacos ou en po. As máis apreciadas son as de Sri Lanka, Penang, Saigón e China. Amplamente utilizada en repostería e como condimento para peixes, polo, arroces e outros pratos, sobre todo na cociña árabe. Tamén se extrae destas codias un aceite esencial que se usa como saborizante. A esencia, rica en aldehido cinnámico, utilízase como tónico estomacal, carminativo e antiséptico, e tamén en perfumería.
-
canela branca
Cortiza da caneleira branca, aromática, de sabor picante e amargo que se emprega como especia e como estimulante estomacal e tónico.
-
canela da China
Cortiza aromática da caneleira da China, substitutiva da canela, menos suave e non tan apreciada coma esta.
-
canela en rama
Cortiza da caneleira aromática que se presenta en forma de canudos.
-
s
f
-
s
f
[PLANTA]
caneleira.
-
adx e s
f
Que ten unha cor semellante á canela, entre amarela e parda.
Ex: Comprei un abrigo canela. Agasallouno cuns pantalóns de cor canela.
-
s
f
Cousa exquisita e refinada.
Ex: Os canapés que nos serviron eran canela fina.