Canel
Canel
Liñaxe que leva como armas, escudo de prata xironado de seis pezas de azul. A casa de Canel da Fonsagrada campea outro brasón que trae un escudo cuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de prata, cun brazo vestido ao natural, movente do franco sinistro; segundo e terceiro cuartel, en campo de azul, cunha estrela de ouro.