Caneiro

Caneiro
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. O topónimo Caneiro pode ser un abundancial formado a partir de cana ou ben remitir a unha canle feita nunha corrente de auga para formar unha presa onde se colocaban as redes para pescar. Documéntase no s XV: “Afonso Fernandez de Caneiro” (doc ano 1430 en Emilio Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 377).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe galega que leva como armas, en campo de azul, dúas fontes de dúas pías cada unha. Outra variante trae, en campo de prata, unha bacía de ouro.