"Canosa" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada en Cee no ano 1927 polo industrial Perfecto Castro Canosa, co obxectivo de financiar o desenvolvemento empresarial do concello. En 1988 foi absorbido polo Banco Consolidado de España.
-
-
Apelido orixinado nun topónimo abundancial, formado sobre cana: ‘lugar no que abundan as canas’. Documéntase no s XVIII: “Domingo Canosa” (doc ano 1752 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 193). A mesma orixe ten o apelido Canoso, aínda que non se pode descartar a posibilidade de que nalgún caso sexa unha castelanización do adxectivo cano; en tal caso, a súa orixe sería un alcume.
-
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, un castelo da súa cor, ameado e con cachotería de sable. Outros traen, en campo de prata, unha torre da súa cor, con dúas bandeiras de goles, saíndo polas troneiras.
-
-
ILLAS
Illa situada no esteiro do río Miño, dividida territorialmente entre as parroquias de San Miguel de Tabagón (concello do Rosal) e Salcidos (concello da Guarda). Formada por depósitos aluviais, a súa superficie varía en función das dinámicas fluvial e mareal. Carece de asentamentos de poboación e aprovéitase con fins gandeiros. Constitúe unha importante área de invernada para as aves migratorias.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Realizou estudios de enxeñería de camiños, canais e portos na Coruña. Publicou Bramido maino (1997), A pedra de seixo (1997) e Á espreita na penumbra (1999). Ademais participou en varias obras colectivas como Dezaseis relatos (1995), Rumbo ás illas (1997), O trasno rebuldeiro (1997), Nós (1997) ou Mini-relatos (1999). Recibiu premios en diversos certames literarios, como os da A. C. Xermolos e O Facho, así como dúas mencións especiais no Premio Rúa Nova.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e economista. Estudiou na Escola de Comercio da Coruña, na Escuela Central Superior de Comercio de Madrid e na Universitat de Barcelona. Foi delegado do goberno na Bolsa libre de Barcelona, conselleiro do estado no Banco de España, director xeral de Banca e Bolsa e vicepresidente da delegación do goberno no Banco de Crédito Industrial. Publicou La intervención del Estado en la Bolsa libre e Historia menuda de un pueblo gallego. Exerceu tamén como membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o Premio Pérez Lugín da asociación da prensa da Coruña en 1950 e a Cruz do Mérito Civil.
VER O DETALLE DO TERMO