Canosa
Canosa
-
[ONOM]
Apelido orixinado nun topónimo abundancial, formado sobre cana: ‘lugar no que abundan as canas’. Documéntase no s XVIII: “Domingo Canosa” (doc ano 1752 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 193). A mesma orixe ten o apelido Canoso, aínda que non se pode descartar a posibilidade de que nalgún caso sexa unha castelanización do adxectivo cano; en tal caso, a súa orixe sería un alcume.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, un castelo da súa cor, ameado e con cachotería de sable. Outros traen, en campo de prata, unha torre da súa cor, con dúas bandeiras de goles, saíndo polas troneiras.