Canosa

Canosa

Illa situada no esteiro do río Miño, dividida territorialmente entre as parroquias de San Miguel de Tabagón (concello do Rosal) e Salcidos (concello da Guarda). Formada por depósitos aluviais, a súa superficie varía en función das dinámicas fluvial e mareal. Carece de asentamentos de poboación e aprovéitase con fins gandeiros. Constitúe unha importante área de invernada para as aves migratorias.