"Canseco" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Liñaxe orixinaria da localidade leonesa de Canseco, no municipio de Cármenes. Moi espallada por toda Galicia, leva como armas escudo medio partido cortado: primeira partición, en campo de azul, cunha banda de ouro; segunda partición, en campo de prata, cun león rampante ao natural; terceira partición, en campo de prata, con cinco faixas ondeadas de azul; e bordo de goles con oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, entallador e escultor. Semella que se formou en Santiago de Compostela con Domingo Antonio de Andrade, aínda que cara ao 1675 estivo en Salamanca, no obradoiro do entallador valisoletano Juan Fernández. Regresou a Galicia en 1688. Para o convento do Sancti Spiritus de Melide fabricou o seu retablo maior (1690?) e probablemente tamén o desaparecido de santo Antón. Entallou varios paneis para o cadeirado do coro do mosteiro de Santa María de Sobrado (1693). Cara ao 1695 entrou ao servizo do mosteiro de Celanova para o que fabricou o seu monumental retablo maior (1697), os colaterais da Nosa Señora e do Santísimo Sacramento (1714), a desaparecida caixa do órgano (1710) e o seu cadeirado do coro (1713). Desde 1695 foi mestre de obras da catedral de Ourense para a que trazou e entallou o retablo de san Miguel (1714), san Eloi, san Xoán e san Roque; as caixas dos seus órganos (1709), hoxe desaparecidas; e realizou, entre 1695 e 1703, a decoración do baldaquino da capela do Santo Cristo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, historiador e diplomático ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, xunto con D. Aguilera ou José de la Cuadra. A súa obra, marcada polo realismo, avanza na caracterización dos personaxes, na composición dos diálogos e nas reflexións monologadas, mentres que os temas reflicten a historia e a sociedade do seu país. Da súa produción destacan El muelle (1933), Hombres sin tiempo (1941), La hoguera bárbara (1944) e La Manticora (1974). Escribiu tamén os ensaios Thomas Mann y el nuevo humanismo (1956) e Ensayos de ensayos (1981). Recibiu o Premio Nacional de Cultura Eugenio Espejo (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO