"Carmo" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carme.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao L da capital (25.266 h [1996]). O territorio está drenado polo río Corbones. A agricultura é de secaño e destaca o cultivo de oliveiras. Nas devesas da localidade críase gando vacún e bovino. A industria baséase na produción de derivados como fariña, aceite ou lácteos. De orixe tartesa, foi conquistada polos romanos no 206 a C e Xulio César concedeulle o título de municipium. No s XI converteuse na capital da taifa de Carmona, anexionada ao reino de Sevilla no 1067 e reconquistada por Fernando III o Santo en 1247. Forman parte do seu patrimonio as tumbas calcolíticas do Acebuchal, as murallas, un templo, un anfiteatro e unha necrópole romanas, ademais do alcázar e da igrexa de Santa María (ss XV-XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Doutor en Ciencias Económicas e profesor titular do departamento de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, publicou, entre outros estudios, “Introdución á análise da redención foral de Mendizábal en Galicia” (1980), con X. Cordero Torrón, “Igualdade e desigualdade nas pesquerías galegas de mediados do s XVII” (1989), “La influencia de la emigración a América en la formación de la industria” (1992) e “O mar e a industrialización de Galicia” (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. En 1926 participou no golpe de estado do xeneral Gomes da Costa, que derrocou o goberno, e no triunvirato que exerceu o poder. Foi nomeado ministro de Estado e, posteriormente, xefe do goberno ditatorial contra o que se produciron as sublevacións do Porto e Lisboa. Chegou á presidencia da República no 1928, mentres Salazar ocupaba o cargo de presidente de goberno. Foi reelixido en 1935, 1942 e 1949, apoiando a política de Salazar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Louis Carrogis.
-
PERSOEIRO
Poeta e narrador. Cursou estudios de dereito na Universitat Autònoma de Barcelona. A súa obra poética comprende os libros: Rexistro de menores espantos (1973), Os preludios (1980) e Libro de Caldelas (1982). Algúns dos seus poemas foron musicados por Miro Casabella, como “O meu país”, ou por Bernardo Xosé, como “O afiador”. Realizou en colaboración co seu pai, Manuel Casado Nieto, unha escolma de poetas europeos titulada Mostra antolóxica de poetas contemporáneos (1981). Como narrador é autor das novelas O inverno do lobo (Premio Blanco Amor 1985) e Os brasileiros (1986). Xunto con X. M. Salgado publicou X. L. Méndez Ferrín (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Medicina pola Universidade Central. Catedrático de Hixiene e Sanidade na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, na Universidad Complutense de Madrid. Completou os seus estudios no Instituto de Medicina Preventiva do Exército, no Instituto Pasteur de París, no Tropeninstitut de Hamburgo e no Instituto Pasteur de Bruxelas, entre outros centros. Realizou investigacións sobre epidemioloxía e medicina xeográfica galega, en colaboración cos profesores da universidade compostelá Gestal, Daporta, Míguez e Fontán. Elaborou informes sobre os efectos das armas químicas no conflito Irán-Iraq, por petición do Secretario Xeral das Nacións Unidas, e formou parte da misión médica que se ocupou de estudar estes axentes en Angola en 1990. Colaborou de forma habitual en revistas especializadas. Membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia e da Real Academia de Farmacia, foi xefe de Sanidade Militar e Civil de Santiago e director do Hospital Militar da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta cómico grego. Foi amigo doutros autores gregos destacados, como Simónides, Baquílides, Píndaro e Esquilo. Das súas obras, escritas en grego dórico, quedan múltiples fragmentos. Foi, xunto con Pratinas, un dos maiores cultivadores da comedia, xénero que contribuíu a desenvolver na súa dimensión formal e temática. A súa obra, recollida no seu tempo en dez tomos, recreaba tanto temas míticos propios da tradición clásica e heroica, moitas veces desde unha perpectiva paródica e satírica como en Ulises náufrago ou en Ulises desertor, como asuntos populares e máis contemporáneos, entre os que tamén destacan os textos escritos para os espectáculos presentados por mimos. Nas súas pezas aparecen figuras e tipos que se fixeron moi célebres na creación dramática posterior, particularmente na comedia latina e na Commedia dell’arte, como fanfurriñeiros, borrachos, vellos verdes, aduladores ou cornudos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista. Provedor xeral do exército liberal, ocupou distintos cargos nos gobernos liberais do Paraguay. Gobernador de Guayas, foi deputado e presidente da República.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilagarcía de Arousa. Construída en estilo románico entre os ss XII e XIII, ten nave e ábsida de planta rectangular con cuberta de madeira. O arco de triunfo é de medio punto peraltado e arranca dunha liña de imposta decorada con billetes que se apoia en semicolumnas pegadas. Na ábsida destacan as pinturas murais dispostas en dous corpos separados pola liña de impostas. Datadas no s XVI, representan no testeiro a Anunciación, na parte superior, e os apóstolos Pedro e Paulo na inferior; nas paredes represéntase a santa Elena e, posiblemente, o Apóstolo Santiago. As figuras caracterízanse por ter un canon próximo ao natural e pola súa composición inmersas nun escenario paisaxístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista. Doutorouse en Filosofía e Letras, sección de Filoloxía Románica, pola Universidade de Santiago de Compostela (1972). Desde 1993 é catedrática de Filología Española na Universidade de Vigo. Pertence a varias sociedades, entre elas, a Sociedad Española de Lingüística (1972), Asociación de Escritores en Língua Galega (1980), Associaçom Galega da Língua (presidenta desde 1983) e Societé de Linguistique Romane (1989). É membro do Pen Club de Brasil (1993). Destacan as súas obras Léxico de O Grove (1974), Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1983), Prontuário ortográfico galego (1985), Guia prática de verbos galegos conjugados (1988), Poder, ideologia e língua (1991), La sufijación en el léxico de la Jurisprudencia y de la Legislación (1999) e El vocabulario jurídico en el “Dicionário da Academia das Ciências de Lisboa” y en el “Dicionario de la Real Academia Española” (2002). Recibiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, irmán de Manuel Salvador Carmona. Colaborou na decoración dos palacios reais de La Granja de San Ildefonso e de Madrid. Da súa produción destaca a Virgen de las Angustias da catedral de Salamanca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador, irmán de Luis Salvador Carmona. Introduciu o estilo francés en Madrid. Dos seus gravados, dentro da tendencia rococó, destacan os realizados segundo debuxos do pintor Charles de la Traverse.
VER O DETALLE DO TERMO