Carmona

Carmona

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao L da capital (25.266 h [1996]). O territorio está drenado polo río Corbones. A agricultura é de secaño e destaca o cultivo de oliveiras. Nas devesas da localidade críase gando vacún e bovino. A industria baséase na produción de derivados como fariña, aceite ou lácteos. De orixe tartesa, foi conquistada polos romanos no 206 a C e Xulio César concedeulle o título de municipium. No s XI converteuse na capital da taifa de Carmona, anexionada ao reino de Sevilla no 1067 e reconquistada por Fernando III o Santo en 1247. Forman parte do seu patrimonio as tumbas calcolíticas do Acebuchal, as murallas, un templo, un anfiteatro e unha necrópole romanas, ademais do alcázar e da igrexa de Santa María (ss XV-XVI).