Domínguez Carmona, Manuel
Doutor en Medicina pola Universidade Central. Catedrático de Hixiene e Sanidade na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, na Universidad Complutense de Madrid. Completou os seus estudios no Instituto de Medicina Preventiva do Exército, no Instituto Pasteur de París, no Tropeninstitut de Hamburgo e no Instituto Pasteur de Bruxelas, entre outros centros. Realizou investigacións sobre epidemioloxía e medicina xeográfica galega, en colaboración cos profesores da universidade compostelá Gestal, Daporta, Míguez e Fontán. Elaborou informes sobre os efectos das armas químicas no conflito Irán-Iraq, por petición do Secretario Xeral das Nacións Unidas, e formou parte da misión médica que se ocupou de estudar estes axentes en Angola en 1990. Colaborou de forma habitual en revistas especializadas. Membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia e da Real Academia de Farmacia, foi xefe de Sanidade Militar e Civil de Santiago e director do Hospital Militar da Coruña.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cartagena