"Carmona" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao L da capital (25.266 h [1996]). O territorio está drenado polo río Corbones. A agricultura é de secaño e destaca o cultivo de oliveiras. Nas devesas da localidade críase gando vacún e bovino. A industria baséase na produción de derivados como fariña, aceite ou lácteos. De orixe tartesa, foi conquistada polos romanos no 206 a C e Xulio César concedeulle o título de municipium. No s XI converteuse na capital da taifa de Carmona, anexionada ao reino de Sevilla no 1067 e reconquistada por Fernando III o Santo en 1247. Forman parte do seu patrimonio as tumbas calcolíticas do Acebuchal, as murallas, un templo, un anfiteatro e unha necrópole romanas, ademais do alcázar e da igrexa de Santa María (ss XV-XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Doutor en Ciencias Económicas e profesor titular do departamento de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, publicou, entre outros estudios, “Introdución á análise da redención foral de Mendizábal en Galicia” (1980), con X. Cordero Torrón, “Igualdade e desigualdade nas pesquerías galegas de mediados do s XVII” (1989), “La influencia de la emigración a América en la formación de la industria” (1992) e “O mar e a industrialización de Galicia” (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. En 1926 participou no golpe de estado do xeneral Gomes da Costa, que derrocou o goberno, e no triunvirato que exerceu o poder. Foi nomeado ministro de Estado e, posteriormente, xefe do goberno ditatorial contra o que se produciron as sublevacións do Porto e Lisboa. Chegou á presidencia da República no 1928, mentres Salazar ocupaba o cargo de presidente de goberno. Foi reelixido en 1935, 1942 e 1949, apoiando a política de Salazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e narrador. Cursou estudios de dereito na Universitat Autònoma de Barcelona. A súa obra poética comprende os libros: Rexistro de menores espantos (1973), Os preludios (1980) e   Libro de Caldelas (1982). Algúns dos seus poemas foron musicados por Miro Casabella, como “O meu país”, ou por Bernardo Xosé, como “O afiador”. Realizou en colaboración co seu pai, Manuel Casado Nieto, unha escolma de poetas europeos titulada Mostra antolóxica de poetas contemporáneos (1981). Como narrador é autor das novelas O inverno do lobo (Premio Blanco Amor 1985) e Os brasileiros (1986). Xunto con X. M. Salgado publicou   X. L. Méndez Ferrín   (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Medicina pola Universidade Central. Catedrático de Hixiene e Sanidade na Universidade de Santiago de Compostela e, posteriormente, na Universidad Complutense de Madrid. Completou os seus estudios no Instituto de Medicina Preventiva do Exército, no Instituto Pasteur de París, no Tropeninstitut de Hamburgo e no Instituto Pasteur de Bruxelas, entre outros centros. Realizou investigacións sobre epidemioloxía e medicina xeográfica galega, en colaboración cos profesores da universidade compostelá Gestal, Daporta, Míguez e Fontán. Elaborou informes sobre os efectos das armas químicas no conflito Irán-Iraq, por petición do Secretario Xeral das Nacións Unidas, e formou parte da misión médica que se ocupou de estudar estes axentes en Angola en 1990. Colaborou de forma habitual en revistas especializadas. Membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia e da Real Academia de Farmacia, foi xefe de Sanidade Militar e Civil de Santiago e director do Hospital Militar da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Provedor xeral do exército liberal, ocupou distintos cargos nos gobernos liberais do Paraguay. Gobernador de Guayas, foi deputado e presidente da República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, irmán de Manuel Salvador Carmona. Colaborou na decoración dos palacios reais de La Granja de San Ildefonso e de Madrid. Da súa produción destaca a Virgen de las Angustias da catedral de Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador, irmán de Luis Salvador Carmona. Introduciu o estilo francés en Madrid. Dos seus gravados, dentro da tendencia rococó, destacan os realizados segundo debuxos do pintor Charles de la Traverse.

    VER O DETALLE DO TERMO