"Carpi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 49.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma sufixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘froito’. Emprégase principalmente para formar adxectivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maduración dos froitos na árbore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación do froito con sementes fértiles sen o estímulo da fecundación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plantas que teñen froitos espiñentos, propios para a diseminación epizoócora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia nunha planta de dous tipos de froitos diferentes, uns que maduran no aire e outros que o fan baixo terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao anxiocarpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do xineceo formado por carpelos totalmente independentes; cada un deles forma un ovario. Aplícase tamén ás flores e froitos correspondentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Iacopo Barigazzi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe lendario, heroe de cantares de xesta e de romances casteláns, de época máis ben serodia. Tal como o presentan os textos épicos, non corresponde a ningún personaxe histórico, pero ten como antecedente remoto o conde Unifred, de nome Bernaldo de Ribagorza (920-952). As antigas tradicións do occidente catalán cara á fin do s XI preséntano como un dos principais líderes da reconquista de Ribagorza, pertencente á liñaxe de Carlomagno; pero no s XIII, a través de Lucas de Tui (1236) e de Rodrigo Ximénez de Rada (1243), aparece convertido nun heroe leonés, fillo do conde de Saldaña Sancho Díaz e de Ximena, irmá de Afonso o Casto de Asturias. A Primera Crónica General, que di sacar a súa información dos cantares, malia a súa data máis tardía (1289), ofrece unha versión máis antiga da lenda de Bernardo, que conserva aínda a súa suposta orixe carolinxia e a súa primitiva localización ribagorzana, pero xa cun marcado acento aragonés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sementes que xermolan dentro de pericarpo, como a dos mangles.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Modena, na rexión da Emilia Romagna, Italia (60.425 h [1997]). É o centro comercial da produción agrícola da comarca e un núcleo industrial bastante diversificado, con fábricas dos sectores téxtil, de mobles, cerámico e de alimentación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao carpo.
-
-
Muller que acudía aos velorios ou aos enterros para carpir polo defunto, xeralmente a cambio dunha cantidade de diñeiro.
-
Muller que se lamenta con frecuencia.
-
-
-
Especie de zapato tecido con la grosa que vai colocado por riba das medias ou calcetíns, empregado especialmente para meter os pés nas zocas e mantelos quentes.
-
Calcetín groso de la.
-
-
-
Peixe de auga doce do xénero Carassius, da familia dos ciprínidos.
-
[Carassiu
-
[Carassiu
-
-
-
Apelido procedente dun alcume que se aplicou a individuos que tiñan por oficio a carpintería. Documéntase no s XIII: “Martinus Carpentarius” (doc ano 1207, P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 418). Adoita aparecer castelanizado: Carpintero.
-
Liñaxe procedente de Arias Carpento, señor de Sirgal, no concello de Monterroso, e de Carpento, en Narla, concello de Friol; os seus descendentes cambiaron este apelido polo de Carpinteiro ou Carpintero. As súas armas levan, en campo de azul, seis veneras de ouro e bordo do mesmo metal.
-
-
-
Larva xilófaga de certos coleópteros e himenópteros da familia dos sirícidos. Debido á dificultade de dixestión da madeira, para o que se serven de microorganismos simbióticos presentes no seu tracto dixestivo, o período de desenvolvemento pode durar varios anos.
-
Persoa que ten como oficio o traballo da madeira. Existen varias especialidades que van dende o que elabora unha ferramenta de traballo ou o que fai un moble ata os fabricantes de carros, sellas, caldeiros ou mesmo vaixelas de madeira, tan empregadas en Galicia ata o s XVIII. Así, cómpre distinguir: o carpinteiro de taller, aquel que realiza o seu traballo nun taller próximo á casa e constrúe mesas, bancos ou portas; o carpinteiro de armar, que xeralmente non posúe taller e constrúe as armazóns dos pisos e corredores empregando ferramentas como a machada, as trenchas e o mazo; o carpinteiro de ribeira, que sitúa o taller na costa ou no interior e repara embarcacións e avarías; e os artesáns de carpintería fina, constructores de certo rango dedicados a pezas delicadas como os instrumentos musicais, que coidan o torneado e o acabado final. Todos eles precisan unha ampla infraestructura de almacenaxe para o seu material como as gubias, trenchas, cepillos e mazos. A súa madeira preferida é...
-
-
-
Obradoiro no que se traballa a madeira.
-
Arte e oficio de labrar e traballar a madeira.
-
Conxunto de pezas de madeira (ventás, portas, marcos, etc) ou doutro material que hai nun edificio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego Carpinteiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traballar ocasionalmente de carpinteiro ou practicar a carpintería como afección.