carpinteiro -ra

carpinteiro -ra

(

  1. verme carpinteiro [ANIMAL/ENTOM]

    Larva xilófaga de certos coleópteros e himenópteros da familia dos sirícidos. Debido á dificultade de dixestión da madeira, para o que se serven de microorganismos simbióticos presentes no seu tracto dixestivo, o período de desenvolvemento pode durar varios anos.

  2. s

    Persoa que ten como oficio o traballo da madeira. Existen varias especialidades que van dende o que elabora unha ferramenta de traballo ou o que fai un moble ata os fabricantes de carros, sellas, caldeiros ou mesmo vaixelas de madeira, tan empregadas en Galicia ata o s XVIII. Así, cómpre distinguir: o carpinteiro de taller, aquel que realiza o seu traballo nun taller próximo á casa e constrúe mesas, bancos ou portas; o carpinteiro de armar, que xeralmente non posúe taller e constrúe as armazóns dos pisos e corredores empregando ferramentas como a machada, as trenchas e o mazo; o carpinteiro de ribeira, que sitúa o taller na costa ou no interior e repara embarcacións e avarías; e os artesáns de carpintería fina, constructores de certo rango dedicados a pezas delicadas como os instrumentos musicais, que coidan o torneado e o acabado final. Todos eles precisan unha ampla infraestructura de almacenaxe para o seu material como as gubias, trenchas, cepillos e mazos. A súa madeira preferida é a de castiñeiro, carballo ou nogueira, que cultivaban antigamente os frades dos mosteiros, nos soutos e carballeiras para obter rendemento e boa materia prima.

Palabras veciñas

1 carpín | 2 carpín | Carpinteiro | carpinteiro -ra | carpintería | Carpintero | carpintexar