Carpinteiro
Carpinteiro
-
[ONOM]
Apelido procedente dun alcume que se aplicou a individuos que tiñan por oficio a carpintería. Documéntase no s XIII: “Martinus Carpentarius” (doc ano 1207, P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 418). Adoita aparecer castelanizado: Carpintero.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe procedente de Arias Carpento, señor de Sirgal, no concello de Monterroso, e de Carpento, en Narla, concello de Friol; os seus descendentes cambiaron este apelido polo de Carpinteiro ou Carpintero. As súas armas levan, en campo de azul, seis veneras de ouro e bordo do mesmo metal.
Refráns
- A boa madeira quere o bo oficial.
- Na casa do ferreiro, coitelo de pau; e na do carpinteiro, sentarse no chau.