"Carrío" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • RIOS

    Río afluente do Deza pola esquerda. Nace na parroquia de Losón, no concello de Lalín. O seu curso adopta unha direccción xeral L-O, aínda que dentro dela varía alternativamente adaptándose á tectónica. Serve de límite entre as parroquias de Losón (concello de Lalín) e Bodaño (concello da Vila de Cruces) e despois volve penetrar na parroquia de Losón, que abandona preto da súa desembocadura, ao entrar no concello da Vila de Cruces. Neste último treito delimita as parroquias de Fontao, ao N, e San Pedro de Losón, ao S, ata a fronteira coa parroquia de Saídres, no concello de Silleda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato formado por unha base horizontal que serve de asento, suspendido con cordas ou cadeas dunha árbore ou dunha barra, e que serve para sentar e balancearse nel como diversión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empurrar algo ou a alguén que está sentado nunha carriola de forma que se balancee adiante e atrás.

    2. Impulsarse unha persoa sentada nunha carriola para moverse adiante e atrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Castela e León, na conca do Duero, afluente do Pisuerga pola dereita (178 km). Nace en Peña Prieta, na Cordilleira Cantábrica, e ten un réxime pluvionival cunha forte estiaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen camiña de forma lenta e sen axilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao NL da provincia (2.620 h [1996]). Está drenado polo río Guadiana. A economía baséase na plantación de cereais, oliveiras, hortalizas e algodón, así como na gandería bovina, na avicultura e na cunicultura. Dentro do termo está a fortaleza de Calatrava, en ruínas, que foi o primeiro establecemento da orde homónima (1158).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no sector occidental da provincia, no límite con Huelva (2.257 h [1996]). Baña o termo o río Cavallón. Ten unha produción agrícola mediterránea baseada nos cereais, na oliveira e na viña. Pertenceu á orde de Calatrava ata o s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, drenado polo río Carrión (2.545 h [1996]). A economía é principalmente agrícola (cereais, forraxe e hortalizas) e gandeira (ovina). No ano 1113 tivo lugar a batalla que forzou a Afonso I de Aragón a renunciar ao seu expansionismo militar a favor de Afonso VII o Emperador. A cidade de Carrión de los Condes conserva, ademais de restos das murallas medievais, as igrexas románicas de Santiago e Santa María e o mosteiro de San Zoilo, de orixe románica, cun claustro renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo. Formou parte da comisión técnica encargada polo goberno da República para a redacción do proxecto de reforma agraria despois do triunfo da Fronte Popular. Foi catedrático da Escuela de Ingenieros Agrónomos de Madrid, que dirixiu desde 1936 a 1939. Expulsado en 1939, dirixiu a estación de viticultura e enoloxía de Requena ata 1961. Fundou a Unión de Viticultores de Levante e a Confederación Nacional de Viticultores, ademais das revistas Acción Vitícola e La Semana Vitícola. Publicou a obra Los latifundios de España (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contenda que tivo lugar (1113-1114) en Carrión de los Condes (Palencia), na que o exército dos partidarios de dona Urraca e do seu fillo, Afonso VII o Emperador, derrotou o exército de Afonso I de Aragón o Batallador. O enfrontamento tivo a súa orixe na coroación de Afonso VII o Emperador como rei de Galicia no ano 1110, co que diminuían as posibilidades de Afonso I de Aragón de unificar na súa persoa as coroas de Castela e Aragón, como xa intentara ao casar con dona Urraca, filla de Afonso VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma clínica da bartonelose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ecuatoriano. Foi deputado pola provincia de Ecuador na Convención Nacional reunida en Cuenca no ano 1845. En 1846 exerceu como gobernador de Azuay. Foi presidente da República de Ecuador entre 1865 e 1867.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Foi mestre de capela da catedral de Mondoñedo desde 1687 ata 1690, ano no que se trasladou á catedral de Ourense e, posteriormente, á da súa cidade natal. Da súa numerosa produción musical, conservada case toda en Segovia, destaca o vilancico en galego Tumbe e retumbe o penadeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leito polo que discorre unha corrente de auga rápida e intermitente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Escribiu comedias, sainetes e zarzuelas, musicadas por Chapí, Chueca e Caballero, como La tempestad (1882), Agua, azucarillos y aguardiente (1897) e Los sobrinos del capitán Grant (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Šem ob ben I ṣḥ aq ibn Ardutiel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado na cordilleira Cantábrica, á beira do río Carrión (1.682 h [2001]). As principais actividades económicas son a agricultura e a central hidroeléctrica do pantano de Compuerto.

    VER O DETALLE DO TERMO