Carrión de Calatrava

Carrión de Calatrava

Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao NL da provincia (2.620 h [1996]). Está drenado polo río Guadiana. A economía baséase na plantación de cereais, oliveiras, hortalizas e algodón, así como na gandería bovina, na avicultura e na cunicultura. Dentro do termo está a fortaleza de Calatrava, en ruínas, que foi o primeiro establecemento da orde homónima (1158).