Carrión de los Condes
Carrión de los Condes
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, drenado polo río Carrión (2.545 h [1996]). A economía é principalmente agrícola (cereais, forraxe e hortalizas) e gandeira (ovina). No ano 1113 tivo lugar a batalla que forzou a Afonso I de Aragón a renunciar ao seu expansionismo militar a favor de Afonso VII o Emperador. A cidade de Carrión de los Condes conserva, ademais de restos das murallas medievais, as igrexas románicas de Santiago e Santa María e o mosteiro de San Zoilo, de orixe románica, cun claustro renacentista.