"Casio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28.

  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de Román Navarro, presentou a súa obra en varias exposicións provinciais. Pintor só de paisaxes e mariñas. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicasio Álvarez de Cienfuegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde visigodo. Dominou a zona navarro-aragonesa do Ebro. Ao producirse a invasión musulmá de Mūsà ibn Nu ṣ ayr, pactou con el e renegou do cristianismo. Os seus descendentes formaron a familia Banū Qasī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano. Durante a guerra civil (49-46 a C) foi prefecto da flota pompeiana. Despois de Farsalia reconciliouse con Xulio César, pero foi un dos líderes principais na conspiración que preparou o seu asasinato (44 a C). Posteriormente, foi gobernador de Siria e aliouse con Bruto contra o triunvirato. Foi vencido en Filipos e un liberto deulle morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, monxe e político romano. Ao principio do s VI tivo unha importante actividade política; no 533 chegou a prefecto pretorial e influíu poderosamente na reconciliación de Teodorico coa Igrexa romana. Cara ao 550, fundou o mosteiro de Vivarium, preto de Scylacium (Squillace), de liña beneditina, onde se dedicou á transmisión da cultura grega mediante a copia de manuscritos e pergamiños. Ademais, empregaba no ensino algunhas das súas obras e no seu programa de estudios incluía as Sagradas Escrituras e as artes liberais. Como político escribiu Variae (Varias), conxunto de cartas con referencias a decretos e editos imperiais. Dos seus escritos filosófico-teolóxicos destacan De anima (Da alma), Institutiones divinarum et saecularium litterarum (Disposicións sobre as letras divinas e profanas) e Historia ecclesiastica tripartita (Historia eclesiástica tripartita). Tamén escribiu unha recompilación titulada De orthographia (A ortografía),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller de Cefeo, rei de Etiopia, e nai de Andrómeda. Fachendosa coa beleza da súa filla, atreveuse a rivalizar coas Nereidas. Poseidón castigouna pola súa vaidade e enviou un monstro mariño contra o seu país. Para calmar a cólera divina, Andrómeda houbo de ser entregada ao monstro, pero Perseo logrou matalo e quedou coa princesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal situada ao N da Andrómeda e ao O da Xirafa. Constituída por unhas 30 estrelas visibles a simple vista, a máis brillante (α) ten unha magnitude de 2,1 a 2,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático. De formación neoclásica, é un dos precursores do romanticismo. A súa obra poética recolleuse, por orde de Fernando VII, en dous volumes co título Obras poéticas (1816). Escribiu tamén traxedias e publicou unha serie de artigos que motivaron a súa deportación a Francia en 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de inflorescencia na que cada flor presenta outras dúas laterais por baixo dela. Esta organización floral é común na familia das cariofiláceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cónsul e historiador de orixe grega. Chegou a Roma logo do ascenso ao trono do Emperador Comodo (180) e accedeu ao Senado romano. Nomeado pretor durante o goberno de Pértinax, foi cónsul con Septimio Severo e máis tarde acompañou a Caracalla na súa expedición a Oriente (216). Durante o goberno do Emperador Severo Alexandre (222-235), administrou o proconsulado de África, as provincias imperiais de Dalmacia e Panonia Superior, e foi cónsul (229). Despois abandonou a vida pública e retirouse a Bitinia. Escribiu unha Historia Romana en oitenta volumes, dos que se conservan vintecinco, que abranguen o período comprendido entre o 69 a C e o 47 d C, e entre o 216 e o 219. Empregou, entre outras fontes, os antigos anais romanos, e dende o libro 36 en adiante, as obras de Tito Livio e Tácito. Destacan os capítulos que adica á súa época e nos que analiza a clase senatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús (1736) e estudiou filosofía e teoloxía en Palencia e Valladolid (1740-1743). En 1746 foi enviado como misioneiro a Filipinas, onde tamén exerceu como profesor de matemáticas no colexio de San Ignacio de Manila. En 1767, en virtude do decreto de expulsión dos xesuítas dos territorios da monarquía hispánica, trasladouse a Italia. Foi o autor de Galicia. Reino de Cristo Sacramentado y primogénito de la Iglesia entre las gentes: [...] (1750).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Foi discípulo de Oríxenes e desenvolveu o seu labor docente en Atenas e Siria. Alcanzou o grao de conselleiro da raíña Zenobia de Palmira e executárono trala conquista da cidade polo Emperador Aureliano. Atribuíuselle, falsamente, o tratado Do Sublime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflorescencia cimosa en que cada eixo sucesivo orixina soamente unha flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome grego Nikásios ‘vencedor, vitorioso’, derivado de níke ‘vitoria’. A súa festividade celébrase o 14 de decembro (o de Reims) e o 11 de outubro (o de Rouen).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Era bispo de Reims cando se produciu o ataque dos xermánicos e a lenda conta que un deles lle cortou a cabeza dunha machetada cando se atopaba na catedral cantando himnos. Con el foron martirizados a súa irmá e dous diáconos. Iconograficamente represéntase con vestiduras episcopais, decapitado e sostendo a súa cabeza coas mans. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Morreu decapitado xunto con dous diáconos. Iconograficamente represéntase decapitado e coa súa cabeza nas mans. A súa festividade celébrase o 11 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunstancia oportuna para algunha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A ocasión fai o/ao home ladrón. Fuxindo da ocasión non se cae na tentación”.

    2. Circunstancia que se presenta, en xeral, en calquera momento.

    3. Circunstancia que determina un efecto.

      1. Circunstancia que posibilita a produción dun fenómeno, pero que, a diferenza da causa, non intervén positivamente e, a diferenza da condición, non é necesaria.

      2. ocasión próxima

        Ocasión en que se induce a alguén, practicamente dun xeito inevitable, a facer ou motivar un acto, pero se este non fose moral, tería que ser sempre evitada.

      3. ocasión remota

        Ocasión que non induce dun xeito inevitable a facer ou motivar un acto, polo que, no caso de que este non fose moral, a obrigación de evitala deixaría de ser grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocorre de maneira non prevista ou accidental.

    2. Que ocorre nunha determinada ocasión.

      1. ocasión.

      2. Consentimento ou negativa, no ocasionalismo estrito, outorgados polo ser humano á intervención de Deus, cuxa acción directa e continua é a única e verdadeira causa da produción de calquera efecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica do s XVII, de raíz cartesiana, que consideraba a Deus como único principio causal no referido ao problema da interrelación entre corpo e alma. Negaba que a acción da alma fose causa da correspondente acción do corpo e defendía a necesaria intervención de Deus para producir un movemento no corpo ou na alma, cada vez que neste ou nesta se producía outro correspondente. O seu principal representante, considerado como o fundador do ocasionalismo, foi Nicolas Malebranche.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ocasionalismo.

    2. Partidario do ocasionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO