Casiopea

Casiopea
[MIT]

Muller de Cefeo, rei de Etiopia, e nai de Andrómeda. Fachendosa coa beleza da súa filla, atreveuse a rivalizar coas Nereidas. Poseidón castigouna pola súa vaidade e enviou un monstro mariño contra o seu país. Para calmar a cólera divina, Andrómeda houbo de ser entregada ao monstro, pero Perseo logrou matalo e quedou coa princesa.